Todo un exemplo de superación, que con só un 10 % de visión acadou todas as metas que na súa vida se propuxo, con esforzo e traballo diario. Ademáis dos seus logros deportivos hai que salientar que é licenciada en Medicina e traballa actualmente polas mañás como médica interna residente no Hospital Universitario de Santiago de Compostela na especialidade de rehabilitación física.
Previo a súa visita investigamos sobre a súa vida e elaboramos unha pequena entrevista para poder realizar durante a súa estancia no cole.
Dámoslle as grazas por permitirnos facerlle algunhas das nosas cuestións. GRAZAS!
No hay comentarios:
Publicar un comentario