Tanto en castelán coma en galego traballaremos durante este curso o dicionario. Recordades o que era unha entrada? Unha acepción? A clase de palabra, que aparecía con abreviaturas? Os sinónimos e antónimos? E tamén os exemplos?
Toda esta información aparece cando buscamos unha palabra no dicionario. Serías quén a contestar nos comentarios ás cuestións anteriores? E por favor, deixa o teu nome.
Entrada: a palabra que buscamos.
ResponderEliminarAcepción: o significado da palabra que buscamos.
Clase de palabra: o tipo de palabra, substantivo, adxectivo...
Sinónimos e antónimos: exemplos de palabras con significado similar o contrario.
Exemplos: frases nas que se usa esa palabra. GABI 5º