Como todos os anos, en 6º de Educación Primaria, temos unha charla para previr as adiccións. Desta vez contamos co asesoramiento de Inma da asociación Érguete. A presidenta desta asociación é María del Carmen Avendaño Otero, coñecida nos anos oitenta como unha nai coraxe, xunto con outras nais cuxos fillos e fillas estaban a sufrir as consecuencias do narcotráfico en Galicia.
Elas foron altofalantes de denuncia sobre o narcotráfico na nosa comunidade autónoma para tentar acabar con el e dar oportunidade aos mozos a sair da situación de adicción que acarrexaban. Tempo despois a asociación creceu ampliando os seus servicios, profesionalizándoos e dotándoos da calidade necesaria para enfrontarse a novos retos
Érguete é unha entidade de iniciativa social sen ánimo de lucro, que traballa para fomentar hábitos de vida saudábeis, xerar oportunidades e prestar servizo a persoas e familias afectadas por condutas adictivas, disruptivas e/ou de risco, intervindo no ámbito xurídico, social, preventivo e educativo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario