lunes, 9 de marzo de 2020

Día da Muller


Para o 8 de marzo, este ano decidimos homenaxear ás mulleres da nosa vida, da nosa contorna; mulleres importantes para o noso alumnado, sen nomes famosos pero cunha grande capacidade de loita e fortaleza. Cada unha das nosas heroínas ten un nome e unha imaxe que para sempre gardaremos nun libro de honra da biblioteca, na sección Os Nosos Traballos.

Tamén contamos coa visita de Anair Rodríguez, autora dos libros PioneirasPioneiras 2 para falarnos doutras extraordinarias mulleres galegas. Queremos dende aquí agradecer a Anair, a súa colaboración nesta pequeña conmemoración.

E por último pero non menos importante todos os cursos de primaria fixemos unha xincana no colexio coa busca de pistas para poder solucionar un enigma.






No hay comentarios:

Publicar un comentario

Repaso contidos matemáticas

 Preme na foto para acceder aos xogos para practicar matemáticas