Comezamos hoxe as clases na casa, a ver que tal se nos dá este novo xeito de traballar. Pedín a Anaya as licencias para poder utilizar os libros dixitais e entendo que tamén facer os exercizos online, pero aínda non teño resposta sobre como activalo; parece que solicitaron á central de Madrid as licencias pero aínda non respostaron polo aluvión de peticións destes derradeiros días. En canto teña noticias vos aviso.
Dacordo coa programación establecida para hoxe luns tiñamos que traballar estas tres materias:
Lingua: En lingua tocaríanos ler as páxinas 116-117, nelas se nos amosa como escribir unha nota e un aviso e tamén rematamos as dúas partes restantes do conto: o nó e o desenlace; tras ter estudiado a introdución. Neste apartado faremos o exercizo 4 da páxina 116 inventando un anuncio para vender algo que xa non uses.
Matemáticas: en matemáticas estudiaremos as unidades de medida de peso, aquí está a explicación.
Vídeos explicativos:
TAREFA:
Imos facer os exercizos 1,2,3 e 4 de la pág. 101.
Ciencias Naturais: Leeremos as páxinas 68 e 69 sobre as enfermidades non- infecciosas e faremos un pequeno esquema sobre cada unha delas, definindo brevemente cada un dos tipos. Completa este esquema:
Enfermidades non infecciosas:
- Intoxicacións son...
- Traumatismos son ...
- Enfermidades nutricionais son...
- Cancro e tumores son...
- Enfermidades cardiovasculares...
- Alerxias ...
- Enfermidades do estado de ánimo...
- Enfermidades conxénitas...
No hay comentarios:
Publicar un comentario