Exercizo 5: a) 508 l; b) 0,72 l; c) 345 l; d) 0,139 l
Exercizo 7: a) 2 hm 3 dam 6 m ; b) 4 dm 7 cm 8 mm ; c) 1m 2 dm 8 cm
Exercizo 9: En cada garrafa quedan 2 l 2 dl.
1ª HORA: MATEMÁTICAS Seguimos cos problemas da unidade na páxina 107, imos facer sen enunciado os problemas 11, 12 e 13. Mañá vos colgo as solucións
3ª HORA: LENGUA Seguro que estes días vistedes algunha película, imos a facer un resumo da mesma e ao final poñer a nosa opinión sobre ela. Se alguén o prefire pode facer o mesmo traballo pero con un libro que lera nos derradeiros días.
4ª HORA: LINGUA Na páxina 130 imos repasar o uso do guión que xa estudiamos en lingua castelá. Imos ler o recadro e o lembra desa páxina e facer os exercizos 3 e 4.
5ª HORA: CCSS En ciencias sociais pasamos ao tema 8 deixando de lado o tema 7 polo momento. Seguro que estes días nas noticias estades a ver numerosas veces o mapa de España , pois neste tema imos coñecer a que continente pertence España, onde se sitúa nel, cales son os territorios que a forman, como se organiza o seu territorio. Como derradeira tarefa do día imos ver os seguintes videos
e ler as páxinas 72 e 73.
No hay comentarios:
Publicar un comentario