miércoles, 18 de marzo de 2020

Mércores 18 de marzo de 2020


Neste día tres serán as materias a traballar: matemáticas, lengua e ciencias sociais.

2ª Hora: matemáticas. Seguimos a traballar as expresións complexas e incomplexas e na páxina 103 faremos con enunciado os exercizos do 6 ao 10.

3ª Hora: Lengua. Nas páxinas 116 e 117 estudiaremos sobre como facer un resumo e un esquema de xeito correcto. Non atopo na web un vídeo adecuado á idade e cun contido axeitado, o único que nos podería servir sería este, botádelle unha ollada :  https://youtu.be/gzFQ9f5Bdmg. Por outra banda traballaremos que é unha novela e os distintos tipos de ésta.

A única tarefa que faremos neste apartado será o taller de expresión da páxina 116 sobre o pinsapo.

4ª Hora: Ciencias Sociais. En ciencias sociais faremos a lectura das páxinas 58 e 59 que tratan do planisferio político.


A continuación vos achego, aproveitando que hoxe traballamos os esquemas, o que corresponde aos contidos destes dous temas que serán obxecto de exame. Lembrade ir estudiando, non deixedes a materia para o final.













No hay comentarios:

Publicar un comentario

Repaso contidos matemáticas

 Preme na foto para acceder aos xogos para practicar matemáticas