domingo, 29 de marzo de 2020

Luns 30 de marzo de 2020



1ª HORA: LINGUA: páx. 126 e 127. Hoxe imos estudiar os nomes de distintas profesións e tamén recordaremos os sufixos.
Lembrades os morfemas, os había de cinco tipos 1. De xénero (-o/-a). 2. De número (-s/-es). 3. Prefixos (os morfemas que se colocan diante do lexema). 4. Sufixos e 5. Desinencias (as terminacións dos verbos).

As profesións dos debuxos son as seguintes: xardineira, garda de tráfico, pintora, varredor, mecánica, carpinteiro e bombeiro. 

Tarefa: imos facer sen enunciado os exercizos 3, 4, 5 e 6.

2ª HORA: MATEMÁTICAS Seguimos a voltas coas unidades do sistema métrico decimal, na páx. 106 o 5 e o 7, e imos tentar facer o problema 9 da página 107.

Mañá vos colgo as solucións.

5ª HORA: CCNN: Lectura das páginas 72 e 73. Nestas duas páxinas temos que ter claro  que é medicina e por outra banda que son o diagnóstico e cómo se fai este e o tratamento dunha enfermidade. E dentro dos tratamentos distinguir alguns como os medicamentos, a cirurxía e outros.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Repaso contidos matemáticas

 Preme na foto para acceder aos xogos para practicar matemáticas