lunes, 29 de octubre de 2018

Powerpoint inglés

De novo o noso compañeiro Álvaro presentou un traballo voluntario en inglés, nesta ocasión adicado a Rafa Nadal.
Premede aquí para velo.


domingo, 28 de octubre de 2018

Obradoiro de sacos aromáticos

O venres día 26 de outubro fixemos xunto co alumnado de 4° de Educación Infantil (3 años) un obradoiro de saquiños aromáticos. Axudámoslles a coller as herbas, xuntalas na tea e atarlle la para suxeitalos. Arrecendían xenial!



miércoles, 24 de octubre de 2018

Trailer

Co gallo da apertura da biblioteca na clase fixemos un trailer sobre unha das novidades coas que contamos este mes de outubro. Agardamos vos guste!!!


Traballo inglés

Cristina realizou este traballo para inglés sobre un texto expositivo. Mirade que chulo quedou!






lunes, 15 de octubre de 2018

Obradoiro poesía visual

O xoves 11 de outubro tivemos no colexio un obradoiro de poesía visual. Nel puidemos cambiar a nosa visión estática da poesía como un texto estruturado en estrofas e versos e ampliar moito máis a visión da mesma. Coñecemos os caligramas e interpretamos distintos poemas visuais. Foi moi didáctico!

jueves, 4 de octubre de 2018

Baile de nadal


Imos entrando en materia no curso. Achego o vídeo do baile de nadal para que vaiades practicando, ainda que hai que cambiar algunha pista musical para que soe mellor.





Oceanía e os polos

Este curso o lema anual do cole é OCEANÍA E OS POLOS.
 Dende a biblioteca, a que propón o tema, sempre se anima a que o alumnado participe con algunha aportación persoal ao mesmo. E na clase, Álvaro, fixo este pequeno traballo sobre os animais de Oceanía en castelán e inglés.
Moitas grazas Álvaro!!

Repaso contidos matemáticas

 Preme na foto para acceder aos xogos para practicar matemáticas