jueves, 29 de noviembre de 2018

Auroras Boreais

Dende o Equipo de Dinamización da lingua propóñennos unha tarefa: o estudo das auroras boreais e a realización dun experimento no que aquí tedes o enlace para facelo.


martes, 27 de noviembre de 2018

CCNN

O xoves temos exame de ciencias naturais do tema 1. Nel estamos a estudiar os reinos dos seres vivos. Aquí tedes material para repasar.



lunes, 26 de noviembre de 2018

Plantación de tulipáns

O venres 23 de novembro co Teacher plantamos tulipáns por todo a contorna da fachada principal do cole. Agardamos velos pronto crecidos facendo un pouco máis fermosa a entrada ao cole!


domingo, 18 de noviembre de 2018

Biblioteca Pública Juan Compañel

O venres 16 de novembro visitamos a Biblioteca Pública Juan Compañel, antes coñecida coma Biblioteca Central. Situada no centro de Vigo, utiliza o espazo dun antigo  casino. Seis andares ten este fermoso lugar no que se manexan máis de 30.000 exemplares. 
O seu nome, Juan Compañel, llo debe a un editor moi coñecido en Vigo cuxa imprenta estaba situada na Rúa Real e que ten a honra de publicar a primeira edición de Cantares Gallegos de Rosalía De Castro.
Alí un dos seus bibliotecarios, estupendo por certo, nos ensinou o uso deste espazo. Puidemos gozar de marabillosos libros e álbumes ilustrados e rematamos a visita cunha búsqueda do tesouro cunha  chea de pistas agochadas entre os libros, películas, CDs musicais e demáis materiais que alí atopamos.
Saímos con ganas de voltar pronto para facernos socios e poder gozar moito máis deste fermoso espazo!!!!!!


jueves, 15 de noviembre de 2018

Exame CCSS


O vindeiro xoves día 22 temos exame do tema 6 no que estudiamos os seguintes contidos. Aquí tendes algúns videos para poder repasar.

Guerra da Independencia

Constitución de 1812

Guerras Carlistas



Reinado de Isabel II

A primera República

A revolución Industrial






O modernismo

Xeración do 98


Magosto 2018

Co gallo do San Martiño o día 11 de Novembro que neste ano caeu en domingo o martes 13 fixemos o magosto no cole. Comemos coma sempre chourizos e castañas e participamos por equipos en nove xogos ideados por tres mestras do cole, encargadas da súa organización. E xa no remate da festa non podía faltar o Bob Apple no que pola nosa clase participou Khalil. Gozámolo moito!!

miércoles, 7 de noviembre de 2018

Segunda parte do Obradoiro de Poesía Visual

O día 30 de outubro realizamos a segunda parte do obradoiro de poesía visual impartido por David Fernández Rivera. Consistiu nunha visita á Casa Galega da Cultura na que están expostas unha selección de obras da colección “Cuartos rostros”, escollidas polo seu potencial didáctico para poder achegar a poesía máis experimental ao alumnado de tercero ciclo de primaria.





martes, 6 de noviembre de 2018

Repaso exame matemáticas

O xoves día 8 de novembro temos exame de matemáticas dos temas 1 e 2. Se premedes na imaxe tedes material online para traballar os contidos deses temas.


Repaso contidos matemáticas

 Preme na foto para acceder aos xogos para practicar matemáticas