martes, 31 de marzo de 2020

Mércores 1 de abril de 2020

 Correccións matemáticas 107:


2ª HORA: MATEMÁTICAS Imos repasar hoxe divisións de dúas cifras. Escollede dúas delas e resolvédeas.


Necesitades lembrar como se facían, premede aquí


3ª HORA: LENGUA  Na páxina 128 , tal e como xa estudamos en lingua galega imos a ver os pronomes persoais. Leemos a páxina e faremos os exercizos 2,3 e 4 con enunciado.


4ª HORA: LINGUA- Na páxina 131 imos ver aquelas palabras que levan o dígrafo nh, polo tanto a nosa tarefa será. Escribir no caderno catro frases que usen -nh- como por exemplo: unha, algunha, ningunha, cunha, dalgunha...

lunes, 30 de marzo de 2020

Martes 31 de marzo de 2020

Correccións matemáticas páx 106. 
Exercizo 5: a) 508 l; b) 0,72 l; c) 345 l; d) 0,139 l
Exercizo 7: a) 2 hm 3 dam 6 m ; b) 4 dm 7 cm 8 mm ; c) 1m 2 dm 8 cm
Exercizo 9: En cada garrafa quedan 2 l 2 dl.

1ª HORA: MATEMÁTICAS Seguimos cos problemas da unidade na páxina 107, imos facer sen enunciado os problemas 11, 12 e 13. Mañá vos colgo as solucións

3ª HORA: LENGUA Seguro que estes días vistedes algunha película, imos a facer un resumo da mesma e ao final poñer a nosa opinión sobre ela. Se alguén o prefire pode facer o mesmo traballo pero con un libro que lera nos derradeiros días.

4ª HORA: LINGUA Na páxina 130 imos repasar o uso do guión que xa estudiamos en lingua castelá. Imos ler o recadro e o lembra desa páxina e facer os exercizos 3 e 4.

5ª HORA: CCSS En ciencias sociais pasamos ao tema 8 deixando de lado o tema 7 polo momento. Seguro que estes días nas noticias estades a ver numerosas veces o mapa de España , pois neste tema imos coñecer a que continente pertence España, onde se sitúa nel, cales son os territorios que a forman, como se organiza o seu territorio. Como derradeira tarefa do día imos ver os seguintes videos
 e ler as páxinas 72 e 73.





domingo, 29 de marzo de 2020

Luns 30 de marzo de 2020



1ª HORA: LINGUA: páx. 126 e 127. Hoxe imos estudiar os nomes de distintas profesións e tamén recordaremos os sufixos.
Lembrades os morfemas, os había de cinco tipos 1. De xénero (-o/-a). 2. De número (-s/-es). 3. Prefixos (os morfemas que se colocan diante do lexema). 4. Sufixos e 5. Desinencias (as terminacións dos verbos).

As profesións dos debuxos son as seguintes: xardineira, garda de tráfico, pintora, varredor, mecánica, carpinteiro e bombeiro. 

Tarefa: imos facer sen enunciado os exercizos 3, 4, 5 e 6.

2ª HORA: MATEMÁTICAS Seguimos a voltas coas unidades do sistema métrico decimal, na páx. 106 o 5 e o 7, e imos tentar facer o problema 9 da página 107.

Mañá vos colgo as solucións.

5ª HORA: CCNN: Lectura das páginas 72 e 73. Nestas duas páxinas temos que ter claro  que é medicina e por outra banda que son o diagnóstico e cómo se fai este e o tratamento dunha enfermidade. E dentro dos tratamentos distinguir alguns como os medicamentos, a cirurxía e outros.

sábado, 28 de marzo de 2020

Derradeira semana

Ola a todos e todas:

Como estades tod@s? E as vosas familias? Desexo e agardo que esteades todos moi ben e que levedes o encerro o mellor posible. Eu pola niña parte vos achego todos os folgos necesarios para aguantar estes, esperemos derradeiros días.

Que vos parece esta forma de traballar? Que podemos mellorar? Sei que non todos tedes acceso a internet e tampouco podo poñer moitas actividades online. Pero estou aberta a todas as vosas suxestións para poder mellorar esta plataforma e que se esta situación se segue a manter no tempo poidamos enriquecela. Por favor facédeme chegar os vosos comentarios.

Esta semana comezamos a derradeira semana antes das vacacións de Semana Santa, este venres chegaron instruccións da Inspección Educativa nas que se especifica que temos que avaliar a 2ª avaliación e entregar os boletíns o día 3 de abril como estaba previsto antes de toda esta situación.
A avaliación comprenderá so o traballo feito ata o día 12 de marzo, o derradeiro día que estivemos todos e todas no colexio.


A partir do boletín de notas que se entregará o día 3 comezarán as vacacións de Semana Santa que rematarán o día 13 de abril. Polo que o martes 14 se reanudarían as clases. Ante esta situación aínda non sabemos se ese día asistiremos presencialmente ou non.

Vos mando todos os meus mellores desexos, coa esperanza que nos poidamos ver pronto no colexio. ISO SIGNIFICARÁ QUE TODO VOLVE Á NORMALIDADE!!

Apertas para todos!!!

jueves, 26 de marzo de 2020

Venres 27 de marzo de 2020

2ª HORA: MATEMÁTICAS. Repaso o aprendido, imos ler o apartado RECUERDO.

Tarefa: tentaremos facer sen enunciado do 1 ao 5. Ollo co exercizo 4 no que mesturan fraccións e números naturais. Se 1 Kg son 1000 g, 1/2 kg (é dicir, medio kg serán.... g)


3ª HORA: LENGUA. Traballaremos na ortografía o uso do b e v. Temos que estudar as normas no uso de cada unha delas.


Tarefa: para repasar o uso do b/v imos facer os exercizos 3 e 8 das páx. 126 e 127.

5ª HORA: LINGUA. Repasamos o diario, escribe na libreta unha páxina do teu diario destes días de cofinamento. POR SUPOSTO, EN GALEGO.


miércoles, 25 de marzo de 2020

Xoves día 26 de marzo

1ª HORA: LENGUA . Seguimos a traballar as antigas civilizacións, na páxina 125 imos facer na libreta os exercicios 4 e 5. 

Se che interesa este tema hai máis información nestes enlaces:
https://descubresubconsciente.com/grandes-civilizaciones-que-nos/ 
MESOPOTAMIA: https://www.youtube.com/watch?v=Ptz0vfOZ12w
ANTIGUO EXIPTO: https://www.youtube.com/watch?v=5qXgipbSuYY 
GRECIA: https://www.youtube.com/watch?v=AtxY5h4Osmc
ROMA: https://www.youtube.com/watch?v=ufEclRGXV6k

2ª HORA: LINGUA. Comezamos novo tema, imos facer a lectura do tema 8: Un oficio de familia nas páxinas 122 e 123.

Tarefa: Facer de xeito oral os exercizos do 1 ao 6.


4ª HORA: CIENCIAS SOCIAIS. Hoxe visualizaremos estes vídeos que son resumo do traballado no tema:

Océanos: https://youtu.be/2QlxUNeLcQo
https://youtu.be/QJ2jiccwZQ8

Continentes: https://youtu.be/aQpPVDcygj4
https://youtu.be/qKAwpoU_C6M

Xeografía dos continentes:
Europa: https://youtu.be/lPaoQPrM5YU
https://youtu.be/_gGjVuweymc
https://youtu.be/wlspkLpwt7E

Asia: https://youtu.be/_GXkXPlCHyY
https://youtu.be/3HDLR-TnFr0

África: https://youtu.be/yfB7kcrSmKQ
https://youtu.be/N-2vf9jG68U

América: https://youtu.be/3dzb6ftgdQo
https://youtu.be/2w_-t2fod6E

Oceanía: https://youtu.be/GQqsvqzJs0w
https://youtu.be/W93mREqt3EY



Tarefa: Contestar no ClassDojo cal deles vos gustou máis.

martes, 24 de marzo de 2020

Mércores 25 de marzo

2ª HORA: MATEMÁTICAS Máis operacións en forma complexa. Hoxe vamos a traballar cos problemas. Imos tentar facer o exercizo 3 da páxina 105.

LEMBRADE HAI QUE PASAR TODO A MESMA UNIDADE DE MEDIDA.

3ª HORA: LENGUA. Empezamos o tema 8. Imos ler na páxina 122 a lectura e responder no caderno as preguntas exprés da páxina 124.


4ª HORA: CIENCIAS NATURAIS Xa que estamos todos confinados por un vírus e estamos a estudar o tema da saúde e da enfermidade imos traballar sobre este aspecto. Tarefa: deseña un cartel no que promovas elementos para previr enfermedades.

lunes, 23 de marzo de 2020

Martes 24 de marzo

1ª HORA: MATEMÁTICAS:  Seguimos a traballar as operación en forma complexa. Voltamos as páxinas 104 e 105.  Tarefa: Exercizo 2 da páxina 104 e o exercizo 2 da páxina 105.

3ª HORA: LENGUA. Repaso de la unidad 7, lee el resumo:


  Tarea: hacemos sin enunciado los ejercicios 1, 2 y 4 de las páginas 120, 121.

4ª HORA: LINGUA Páx 121. Lembramos a personificación, as metáforas e os tipos de rima.



Tarefa: realizamos os exercizos da páx. 121 o 4,5 e 6.

5ª HORA: CIENCIAS NATURAIS: Lectura das páxinas 70 e 71 e completa o seguinte esquema:

Luns día 23 de marzo de 2020

1ª HORA: LINGUA. Imos seguir facendo un repaso do tema 7 co traballo desta ficha de reforzo:


2ª HORA: MATEMÁTICAS  Páx 104 e 105 Operacións con expresións complexas. Aquí están as explicacións:




Tarefa: Para practicar o tema realizaremos os exercizos 1, tanto o da páxina 104 coma o da páxina 105.

5ª HORA: CIENCIAS SOCIAIS  Tarefa: Realiza a táboa de exercizo número 1 da páxina 61, cos distintos continentes: Asia, África, América, Europa e Oceanía e consulta o atlas no exercizo 3 para ver en que continente están eses paises e escríbeos.

miércoles, 18 de marzo de 2020

Feliz día do pai

Feliz día do pai e feliz ponte, vémonos por aquí de novo o luns!


Robótica

O Mestre Martín vos achega un enlace para traballar todos os aspectos de robótica. Premede na imaxe para acceder.

 https://prorobefpsico.blogspot.com/?m=1


Mércores 18 de marzo de 2020


Neste día tres serán as materias a traballar: matemáticas, lengua e ciencias sociais.

2ª Hora: matemáticas. Seguimos a traballar as expresións complexas e incomplexas e na páxina 103 faremos con enunciado os exercizos do 6 ao 10.

3ª Hora: Lengua. Nas páxinas 116 e 117 estudiaremos sobre como facer un resumo e un esquema de xeito correcto. Non atopo na web un vídeo adecuado á idade e cun contido axeitado, o único que nos podería servir sería este, botádelle unha ollada :  https://youtu.be/gzFQ9f5Bdmg. Por outra banda traballaremos que é unha novela e os distintos tipos de ésta.

A única tarefa que faremos neste apartado será o taller de expresión da páxina 116 sobre o pinsapo.

4ª Hora: Ciencias Sociais. En ciencias sociais faremos a lectura das páxinas 58 e 59 que tratan do planisferio político.


A continuación vos achego, aproveitando que hoxe traballamos os esquemas, o que corresponde aos contidos destes dous temas que serán obxecto de exame. Lembrade ir estudiando, non deixedes a materia para o final.













martes, 17 de marzo de 2020

Inglés

Ola a todos e todas, Angie mándame estas fichas de repaso do xa estudiado ademáis de moito ánimo e unha grande aperta!

Premede aquí para ver o traballo




lunes, 16 de marzo de 2020

Martes día 17 de marzo


1ª HORA: Matemáticas: Nos toca explicar las expresiones en forma compleja o incomplejas, las complejas son aquellas en las que la medida viene expresada en dos o más unidades y las incomplejas en sólo una. Por ejemplo: Juan mide 1m y 45 cm (compleja - expresada en metros y cm) y esta misma medida de forma incompleja se expresaría 145 cm (sólo en cm).


 Aquí tenéis dos vídeos explicativos:

https://www.youtube.com/watch?v=ez1O75qkG0s
https://www.youtube.com/watch?v=7_agY4akq8s

TAREA: pág. 102 del 1 al 4 con enunciado.

3ª HORA: Lengua: Vamos a estudiar los gentilicios que son adjetivos que expresan el lugar de procedencia de una persona. RECUERDA: Cuando un gentilicio lleva delante un determinante funciona como un nombre o sustantivo.

Vídeos explicativos:
https://www.youtube.com/watch?v=yYmkPAkCYOk
https://www.youtube.com/watch?v=JuOvbyN7t_c

Juego sobre los gentilicios de España:
https://mapasinteractivos.didactalia.net/comunidad/mapasflashinteractivos/recurso/gentilicios-de-comunidades-autonomas-de-espaa/7bb7d50b-53d6-4daa-b4a4-3f01c63ee522

https://mapasinteractivos.didactalia.net/comunidad/mapasflashinteractivos/recurso/gentilicios-de-capitales-de-provincia-de-espaa/31ba30ef-4c2e-46cf-badf-cd7c992f81b2

TAREA: pág. 114 ejercicio 3 y participa en los dos juegos anteriores.

4ª HORA: Lingua. Repasamos a unidade 5 na páxina 120. Facede de xeito oral os exercizos do repaso da páxina 120, o 1,2 e 3.

5ª HORA: Ciencias Sociais: Páx. 56 Lectura da páxinas 56 e 57. Tarefa de deberes: estudiar o seguinte mapa.


domingo, 15 de marzo de 2020

Luns día 16 de marzo

Bo día a todos/as:

Comezamos hoxe as clases na casa, a ver que tal se nos dá este novo xeito de traballar. Pedín a Anaya as licencias para poder utilizar os libros dixitais e entendo que tamén facer os exercizos online, pero aínda non teño resposta sobre como activalo; parece que solicitaron á central de Madrid as licencias pero aínda non respostaron polo aluvión de peticións destes derradeiros días. En canto teña noticias vos aviso.

Dacordo coa programación establecida para hoxe luns tiñamos que traballar estas tres materias:

Lingua: En lingua tocaríanos ler as páxinas 116-117, nelas se nos amosa como escribir unha nota e un aviso e tamén rematamos as dúas partes restantes do conto: o nó e o desenlace; tras ter estudiado a introdución.  Neste apartado faremos o exercizo 4 da páxina 116 inventando un anuncio para vender algo que xa non uses.

Matemáticas: en matemáticas estudiaremos as unidades de medida de peso, aquí está a explicación.



Vídeos explicativos:



TAREFA:

Imos facer os exercizos 1,2,3 e 4 de la pág. 101.


Ciencias Naturais: Leeremos as páxinas 68 e 69 sobre as enfermidades non- infecciosas e faremos un pequeno esquema sobre cada unha delas, definindo brevemente cada un dos tipos. Completa este esquema:

Enfermidades non infecciosas:

- Intoxicacións son...
- Traumatismos son ...
- Enfermidades nutricionais son...
- Cancro e tumores son...
- Enfermidades cardiovasculares...
- Alerxias ...
- Enfermidades do estado de ánimo...
- Enfermidades conxénitas...


E esto é todo polo luns, que vos parece, que hai que mellorar... por favor facédeme os comentarios e dúbidas polo ClassDojo, no blog non vos podo responder.


miércoles, 11 de marzo de 2020

Tea de araña


Seguindo co traballo de equipo realizamos esta actividade, ideada por Susana, na que cada un dos alumnos/as tiña que decir unha cualidade positiva dun/ha compañero/a e lanzarlle a madexa de lá. Todos e todas temos cousas positivas e é preciso lembralas!






martes, 10 de marzo de 2020

Bicos de papel

O martes 10 de marzo tivemos a sorte de contar cun voluntario e unha guerreira nai, integrantes da asociación Bicos de Papel que axuda ás familias de nenos e nenas con cancro na contorna da nosa cidade. Prestan apoio a estas familias de tipo pedagóxico, axudando a completar clases para a formación deste alumnado nos longos períodos de hospitalización e estadía nas casas; apoio psicolóxico para a confrontación da realidade na entrada dunha enfermidade como o cancro na familia; asistencial, proporcionando vivenda preto do hospital a aquelas familias cuxa residencia non está na nosa cidade para que só se teñan que ocupar do coidado dos/das seus/súas filos/as...
Unha grande labor! Que marabilla poder coñecer a xente tan estupenda! E grazas a Lucía por compartir a túa experiencia en primeira persoa, quedamos todos cun nó na gorxa, de ver o afortunados/as que somos! GRAZAS BICOS DE PAPEL





lunes, 9 de marzo de 2020

Día da Muller


Para o 8 de marzo, este ano decidimos homenaxear ás mulleres da nosa vida, da nosa contorna; mulleres importantes para o noso alumnado, sen nomes famosos pero cunha grande capacidade de loita e fortaleza. Cada unha das nosas heroínas ten un nome e unha imaxe que para sempre gardaremos nun libro de honra da biblioteca, na sección Os Nosos Traballos.

Tamén contamos coa visita de Anair Rodríguez, autora dos libros PioneirasPioneiras 2 para falarnos doutras extraordinarias mulleres galegas. Queremos dende aquí agradecer a Anair, a súa colaboración nesta pequeña conmemoración.

E por último pero non menos importante todos os cursos de primaria fixemos unha xincana no colexio coa busca de pistas para poder solucionar un enigma.






domingo, 8 de marzo de 2020

Titoría todos os martes a derradeira hora

Coa axuda de Susana, a orientadora e xefa de estudos do centro, plantexaremos diversas actividades para mellorar a convivencia na nosa aula. Empezamos pasando un sociograma para ver polo miúdo as peculiaridades da nosa aula. Grazas Susana!!!



Exposicións Ciencias Naturais

Desta vez as exposicións estaban moito máis traballadas con distintas actividades para completar a información dos PowerPoint. Moi bo traballo en xeral, parabéns a todos os equipos!


jueves, 5 de marzo de 2020

A maleta

Para coñecernos un pouco mellor, os nosos gustos, afeccións... trouxemos cada un de nós elementos importantes e significativos no noso día a día fóra do colexio. Gustóuvos a actividade?


Proxectos Andy Warhol


Con Angie en aulas bilingües mirade que traballo tan chulo nos quedou !


Linguaxe publicitaria

Dende o Instituto Galego de Consumo nos ensinaron moitas cousas sobre a linguaxe publicitaria. Un tema moi interesante!




Repaso contidos matemáticas

 Preme na foto para acceder aos xogos para practicar matemáticas