jueves, 21 de febrero de 2019

Baiile entroido

Xa podedes ensaiar o baile para o entroido. A BAILAR!!!!


Parque Infantil de Tráfico

Onte fomos ao PIT a facer unha actividade viaria, alí practicamos as tarefas de conductores de vehículos, peatóns e policías. Pasamos unha mañá mío entretida.


miércoles, 6 de febrero de 2019

Susana Rodríguez Gacio

Hoxe, día 6 de febreiro, tivemos a sorte de contar coa presenza de Susana Rodríguez Gacio, campiona do mundo de paratriathlon e diploma olímpico nos xogos de Río de Janeiro do ano 2016, invitada polo profe Martín como parte do Proxecto Descubrindo o Norte 2019.


Todo un exemplo de superación, que con só un 10 % de visión acadou todas as metas que na súa vida se propuxo, con esforzo e traballo diario. Ademáis dos seus logros deportivos hai que salientar que é licenciada en Medicina e traballa actualmente polas mañás como médica interna residente no Hospital Universitario de Santiago de Compostela na especialidade de rehabilitación física.

Previo a súa visita investigamos sobre a súa vida e elaboramos unha pequena entrevista para poder realizar durante a súa estancia no cole.

Dámoslle as grazas por permitirnos facerlle algunhas das nosas cuestións. GRAZAS!




martes, 5 de febrero de 2019

Relevo de Europa e España

Nos seguintes enlace vos achego xogos para poder repasar o tema de xeografía que estamos a traballar no primeiro tema do libro. Practicade a ver como se vos dá.


https://mapasinteractivos.didactalia.net/gl/comunidade/mapasflashinteractivos/recurso/peninsulas-de-europa-toporopa/b51b91e6-39f6-405a-a256-b9330a8ca0b4

https://mapasinteractivos.didactalia.net/comunidad/mapasflashinteractivos/recurso/mares-de-europa-toporopa/a571de31-cd3c-423e-b838-1b2ef3b484d9

https://www.cerebriti.com/juegos-de-geografia/relieve-de-europa#.XFoP3Mcs6i4

https://www.cerebriti.com/juegos-de-geografia/mapa-fisico-de-espana-1-eso#.XFoQwccs6i4

https://es.educaplay.com/recursos-educativos/3274603-mapa_fisico_de_espana_facil.html


O CORPO: Sistemas e aparatos

Para o estudo do tema 3 de Ciencias Naturais cada equipo se ocupou de elaborar un traballo práctico sobre os distintos aparatos e sistemas do noso corpo. O resultado foi todo un éxito.


Día da Paz


O 30 de xaneiro coma todos os anos, conmemoramos o día da Paz. Este ano ademáis de cantar a canción de El Canto del Loco con Hombres G “Por qué no ser amigos”, traballamos a figura da primera sufraxista muller e inauguramos a Cova da Calma. Esta cova será o refuxio de todo aquel ou aquela que necesite sair fóra da aula por unha situación de conflito.

Aquí tedes as fotos.



Camiña con nós pola igualdade


O día 10 de xaneiro coma todos os anos de final de ciclo, Elsa, do Concello de Vigo, traballou con nós para explicarnos a diferenza entre machismo e feminismo. Tamén nos amosou dun xeito práctico os logros que se conseguir en materia de dereitos das mulleres no derredeiro século, que aínda que foron moitos, non toda a sociedade acaba de aceptar.




Exposición códigos QR

Co gallo do lema anual cada aula escollemos un tema de “Oceanía e os polos” e tralla escolla puxémonos a traballar sobre as Cataratas de Sangue localizadas na Antártida. Pescudamos información sobre este fenómeno xeolóxico ao igual que o fixeron os nosos compañeiros e compañeiras de Educación Infantil e o restó dos grupos de Primaria.
Ademáis de información fixemos varios traballos: en formato dixital, unha actividade practica elaborando as Cataratas de Sangue e aprendemos a enlazar arquivos con códigos QR.
Ao rematar a visita á exposición fixemos estas fotos.




Repaso contidos matemáticas

 Preme na foto para acceder aos xogos para practicar matemáticas