jueves, 10 de enero de 2019

PROHIBIDO LEER A LEWIS CARROL

Tralo Nadal e a lectura do libro, temos a proba do mesmo para comprobar a súa lectura estas vacacións. Ánimo e sorte!


A neve

Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega en colaboración coa biblioteca se nos plantexa un novo reto para este mes. Temos que buscar información sobre algún aspecto da neve e visualizar o seguinte vídeo para facer a actividade práctica que limos con código QR.


Estas son as fotos dalgunhas exposicións.






Camiña con nós pola igualdade

Hoxe tivemos unha charla no colexio do programa "Camiña con nós pola igualdade" promovido polo Concello de Vigo. Grazas a Elsa coñecemos un pouco máis o significado dos termos machismo e feminismo e fixemos un xogo no que puidemos observar os grandes logros en canto a dereitos das mulleres que se acadaron dende o século XX até a actualidade.










Baile de Nadal


O día 21 de decembro venres fixemos o baile de Nadal, aquí tedes o resultado dos vosos ensaios. Temos que dar as grazas á profe Tamar que grabou a vosa actuación.


Aquí tendes tamén fotos das presentacións.


















Repaso contidos matemáticas

 Preme na foto para acceder aos xogos para practicar matemáticas