jueves, 27 de febrero de 2020

viernes, 21 de febrero de 2020

ENTROIDO 2020


Aquí está o noso baile totalmente improvisado, entre exames, repasos, actividades, preparación do Día de Rosalía, concursos, traballos e exposicións... non tivemos tempo de ensaiar. Pido desculpas por non ter elaborado máis o baile, o vendeiro ano irá mellor! Bo entroido a todos, gozade destes dias de festa!


Chamádeme Simbad

O día 20 de febreiro de 2020 asistimos á representación teatral de Chamádeme Simbad; Cunha temática moi sensible, a visibilidade dunha enfermidade como o alzheimer. Verdadeiramente emocionante !


viernes, 14 de febrero de 2020

Canción Entroido

Aqui tedes a música para ensaiar o baile do entroido. Practicade mito!


Valores Sociais e cívicos

Durante estes derradeiros días en Valores coñecimos a historia de Iñaki Zubizarreta sobre acoso escolar. Unha historia moi interesante que podedes compartir na casa. Todo un exemplo de superación.



ENTROIDO 2

E con respecto ao disfraz de adiviñas estes son os modelos. Unha falda longa, camiseta e por riba da falda un fulard con cascabeis ou moedas que soe. Na cabeza un fular colocado.



ENTROIDO 1


Con respecto ao disfraz dos nenos adiviños, pantalón escuro e fular anudado na cintura, chaleco e poñer un turbante na cabeza. Para facer o turbante tedes un tutorial no video. Saúdos



martes, 11 de febrero de 2020

Apadriñamentos lectores

Este luns fomos padriños e madriñas do alumnado de quinto de Educación Infantil. Previamente escollemos os libros que lle íamos contar e como o tempo non acompañou o fixemos na paxareira. Resultou ser unha actividade moi interesante!


viernes, 7 de febrero de 2020

Atletismo en pista

Este xoves 6 de febreiro o alumnado de quinto participamos nunha Xornada de Atletismo nas pistas do CUVI. Saltamos, corremos, lanzamos e o pasamos fenomenal.



Aquí tedes os vídeos completos das carreiras.


lunes, 3 de febrero de 2020

Luns ao sol

A partires de agora, os luns, se o tempo nolo permite sairemos a ler ao patio na hora de ler. Este luns puidemos poñelo en marcha e este é o resultado. Que vós pareceu?





domingo, 2 de febrero de 2020

Día da Paz 2020


Co gallo do Día da Paz este ano fixemos unhas camisetas decoradas, cantamos e bailamos a canción Bajo el mismo sol de Álvaro Soler, fixemos un conxuro para a Paz e unhas variñas máxicas para este ano máxico.


Repaso contidos matemáticas

 Preme na foto para acceder aos xogos para practicar matemáticas