viernes, 20 de diciembre de 2019

Bo Nadal


Descansade moito este Nadal, que se cumpran todos os vosos desexos neste novo ano. Vémonos pronto, gozade das vacacións!

Baile de Nadal

Neste ano máxico fixemos unha versión dunha canción de Bruno Mars sobre Lord Voldemort, o maior inimigo de Harry Potter, somos magos das artes escuras neste Nadal! Aquí está o baile, bo traballo, rapaces e rapazas!



Brownie de Gabriel

Seguindo coas receitas de Escarlatina a cociñeira defunta, neste caso Gabriel cociñou para toda a clase un brownie boísimo. Grazas Gabi, estaba boísimo!!!


miércoles, 18 de diciembre de 2019

Trailerbook

Como todos os anos o ENDLG xunto co equipo de Biblioteca Escolar  propóñennos que publicitemos as novidades da biblioteca cun trailerbook. Mirade como quedou o noso!


lunes, 9 de diciembre de 2019

Visita a Salinae

O mércores 5 de decembro visitamos Salinae e tamén puidemos ver a decoración de Nadal da zona centro e ao rematar a visita gozamos un pouco dos parques do areal. Pasámolo xenial!


Repaso contidos matemáticas

 Preme na foto para acceder aos xogos para practicar matemáticas