martes, 28 de abril de 2020

lunes, 27 de abril de 2020

TRABALLO SEMANAL

Martes 28 abril

Lengua: en la pág. 136 vamos a hacer el resumo de la unidad 8 para refrescar lo trabajado en la unidad.

Matemáticas: vamos a practicar coas actividades interactivas do tema para descansar un pouco a man despois de ter escrito un texto longo no resumo anterior. Tedes que ir ao libro dixital e no tema 7, no banco de recursos pinchar nas actividades interactivas ¿Cal das actividades foi a que máis vos gustou?


CCSS:  Visionar o seguinte vídeo e definir: natalidade, mortalidade, saldo natural e esperanza de vida.
Aquí tedes o vídeo:



domingo, 26 de abril de 2020

Luns 27 abril


Solucións matemáticas pasada semana 


Lingua: imos facer a lectura das páxinas 142 e 143, como vedes é un cómic. E trala  lectura imos facer os exercizos 2,4 e 7 das páxinas 144 e 145 no caderno.

Matemáticas: seguimos co repaso trimestral na páx 125 realizando os exercizos 24,25,26 e 27.

CCNN abrimos o libro dixital e no apartado de banco de recursos do tema 4 faremos o repaso trimestral e practicaremos como previr as enfermidades e o transplante de órganos.



jueves, 23 de abril de 2020

Padlet aportación Día do Libro

Hecho con Padlet

Venres 24 de abril

Matemáticas : Exercizos 16, 17 e 18 da páx.125. Son operacións, lembrades a prioridade nelas? Podíamos facelas en forma de árbore para non trabucarnos.

RECORDO A PRIORIDADE NAS OPERACIÓNS 
Primeiro calcular as operacións do parentese.
Segundo multiplicacións e divisións 
E por último, sumas e restas.

Lingua: Reforzaremos o traballado no tema con esta ficha


CCSS: repasaremos os límites do territorio Español e a situación de España no mundo con este kahoot, un xogo elaborado para repasar o tema. Tedes que poñer esta dirección no navegador:



miércoles, 22 de abril de 2020

Xoves 23 de abril

Hoxe, no Día do Libro que mellor maneira de celebralo que lendo, aquí tedes un resumo ilustrado de D. Quijote

Que libro estades a ler neste momento? Podedes contestar no ClassDojo. A primeira actividade do día será esa, ler.


Lengua/ Lingua: neste día tan especial imos tentar facer un pequeño cómic, aquí tedes as recomendación para facelo. Pode ser en castelán ou galego, como prefirades. Máis abaixo, no enlace tedes vários exemplos de viñetas, escollede un modelo e completádeo. Ou se preferides podedes inventar vós os debuxos tamén.

RECOMENDACIÓNS
1- Observa despacio las ilustraciones mudas del cómic que tienes delante. Da rienda suelta a tu imaginación para tejer la historia que vas a escribir. Para ayudarte puedes inventar y redactar el texto que te sugieren las ilustraciones en tu cuaderno.
2- Pon un título al cómic y selecciona el texto apropiado para cada viñeta.
3- Escribe el texto en cada bocadillo. No olvides utilizar los signos de puntuación adecuados en cada caso. Al escribir el texto puedes utilizar nombres humorísticos, comparaciones, ironías, etc…
4- Cuenta la historia que has inventado en un tono humorístico utilizando tus propias palabras.
5- Colorea los dibujos del cómic.
6- No olvides firmar al final del cómic, puesto que tú eres su autor.
https://webdelmaestro.com/como-hacer-un-comic/

 CCNN: Na páxina 79 imos facer o exercizo 8.

Outros Blogs

Aquí na columna da dereita do noso blog tedes os enlaces aos Blogs de Robótica, Educación Física, de Inglés, P. T da profe Yoli e o da Biblioteca, consultádeos regularmente xa que os mestres e mestras o están actualizando periódicamente para mandarvos dende ahí as actividades das súas materias.


Moita forza campións e campionas!



martes, 21 de abril de 2020

Mércores 22 de abril

Seguimos coa semana do Libro con nova información sobre o libro español máis universal: DQuijote  de La Mancha:



Matemáticas aquí nesta páxina tedes unha morea de xogos matemáticas: https://es.ixl.com/math/5-primaria . Escollede dous e a practicar.

Lengua Vamos a escribir una carta, escoged el/la destinatario/a y a por ello. ¿Os acordáis de las partes? Aquí las recordamos.

Lingua. Le o seguinte texto con atención para poder responder as preguntas no voso caderno, non é necesario imprimir. Podedes facelo na libreta.







lunes, 20 de abril de 2020

LICENCIAS DIXITAIS 3º TRIMESTRE

Ola a todos/as:

Esta noite mandei aos mails dos pais e nais do alumnado os números das licencias dixitais dos libros do 3º trimestre. Como xa sabedes o alumnado non ten os libros do terceiro trimestre de lengua, lingua e matemáticas polo que vos achego a numeración para poder rexistrarse na web de Anaya para acceder aos libros.

A explicación de como facelo está aquí (Premede na palabra aquí).


Se tedes algún problema non dubidedes en contactar comigo. Grazas por todo o voso esforzo! 


Ánimo, xa queda menos!

Martes 21 de abril

Solucións do día anterior:


Co gallo da Semana do Libro hoxe vós achego información sobre Miguel de Cervantes:



Lengua: Hoxe vos propoño unha actividade, facer unha vídeo-recomendación dun libro que teñades na casa, se preferides pode ser un audio ou escrito. Seguide este guión para guiarvos, mellor en galego! Se o facedes en formato vídeo podedes envialo á dirección de mail: bibliosardoma@gmail.com  con todos os recibidos faremos unha montaxe.



Matemáticas. Inventa dous problemas e resólveos, un no que utilices a suma de fraccións e outro coa resta de dous números decimais.

CCSS: empezaremos a facer unha recompilación do traballado no tema para iso imos definir estas palabras: Constitución, monarquía, deputado e senador. E tamén responderemos as seguintes preguntas: Quen é o xefe do Estado? Quen elixe ao presidente e Quen o nomea? Por qué se di que España é unha monarquía parlamentaria? Que é o Tribunal Constitucional?

domingo, 19 de abril de 2020

Luns día 20 de abril

Solución das actividades do venres
 Lingua
 Matemáticas 

ESTA SEMANA É A SEMANA DO DÍA DO LIBRO, por iso imos presentar unha serie de informacións relacionadas con ela. O día do libro se celebra en abril pola morte de dous escritores extraordinarios. E un deles é español!





Lingua. Hoxe imos facer esta actividade sobre os oficios tradicionais da páxina 135, escollede un dos oficios da actividade 1 e seguide as instruccións. Agardo os vosos traballos, poden ser incluso en formato dixital.



Matemáticas: seguimos co repaso facendo o 13, 14 e 15 da páxina 124 no caderno. Desta quenda seguimos coas fraccións.

CCNN: copia e completa o esquema da páxina 78 sobre o tema das enfermidades.



jueves, 16 de abril de 2020

Venres 17 de abril de 2020

1ª HORA: Matemáticas. Seguimos co repaso de matemáticas, desta banda veremos os números decimais e as fraccións. Imos facer os exercizos do 7 ao 12 tamén sen enunciado da páxina  124.

Se queredes repasar doutro xeito tedes nesta web distintos xogos, pero tedes que ter instalado Adobe Flash para que se poidan visualizar: https://www.matematicasonline.es/matesbasicas/matesbasicas5.html

2º HORA: Lingua. Hoxe imos facer unha pequena comprensión lectora sobre os oficios tradicionais na páxina 134 e responder ao exercizo 1.





3ª HORA: Ciencias Naturais. Os accidentes e a sua prevención na páxina 76, imos ler O Desafío e facer un cartel similar ao do exemplo pero sobre os accidentes de tráfico, para previr os accidentes de tráfico.

miércoles, 15 de abril de 2020

Xoves día 16 de abril


Soluciones ejercicios de ayer:

Matemáticas 
Lingua


1ª HORA: Lengua.  Hoy vamos a hacer una comprensión oral, anotad las respuestas y mandadlas al ClassDojo, por favor.



3ª HORA: Lingua   Na páxina 129 seguimos a traballar cos pronomes átonos imos facer o exercizo 3 no caderno. E da páxina 136 tamén o exercito 3.

4ª HORA: Ciencias Sociais . En Sociais traballaremos Galicia aquí tedes a explicación que elaborei para explicarmos o tema, que vos parece?



martes, 14 de abril de 2020

Mércores 15 de abril de 2020

2ª HORA: Matemáticas. Repasaremos os contidos traballados ata o de agora na páxina 124 os exercizos do 1 ao 5 sen enunciado.
LEMBRADE OS NÚMEROS ROMANOS E O SEU VALOR:
I=1// V=5 / X=10 /L=50/ C=100 /D=500/ M=1000. 
E TAMÉN AS REGRAS:
Non se pode repetir unha letra máis de tres veces e tampouco repetir unha letra cuxa cantidade teña un valor coñecido. Por exemplo non podo poñer LL porque existe unha letra con ese valor (100= C).
Se colocamos á dereita dunha cifra outra de igual ou menor valor suma. DC (500+100=600) ou CC (200)
Se polo contrario á esquerda dun número colocamos outro de menor valor esta resta. Ex: IV (aquí I resta ao V polo tanto será 5-1=4 



3ª HORA: Lengua . En las páginas 132 y 133 trabajaremos el debate y el teatro. Si pinchais aquí tenéis una explicación del debate y con respecto al teatro en varias ocasiones hemos leído textos teatrales en clase. ¡Cuánto os gustan! ¡al final, las tenemos que leer cuatro o cinco veces! Sólo recordad que no hay capítulos como en las novelas sino actos y cada una de las partes de estos actos se llaman escenas y además existen las acotaciones que también las lee el narrador en nuestro caso. Estas acotaciones están entre paréntesis y nos dan información sobre la colocación de un personaje, si ha de gritar, moverse...

Tarea: ver el vídeo del debate.

4ª HORA: Lingua. Páxina 128 e 129 os pronomes átonos, imos ler nas dúas páxinas a teoría.


Aquí tedes un vídeo explicativo para poder completar a explicación:

 

Tarefa: exercizos 1 e 2 da páxina 128 e 129 na libreta.

lunes, 13 de abril de 2020

Martes día 14 de abril de 2020


Que tal de vacacións, de atípicas vacacións? Aproveitástedes o descanso? Voltamos ao traballo paseniño repasando as divisións de novo e traballando un pouco a redacción de textos.

1ª HORA: Matemáticas. Escollede tres divisións e facede a proba para ver se nos lembramos ou non das divisións.



3ª HORA: Lengua. Imos escribir un pouco, faremos unha listaxe de cousas boas sobre esta crise do coronavirus ou aprendizaxes que sacaremos deste mes que levamos na casa. E tras facer esa listaxe imos explicar segundo a nosa opinión cal é o motivo da nosa elección.
Por exemplo: Listaxe- pasar máis tempo cos meus pais. Redacción: Eu considero que con esta situación estou gañando tempo cos meus pais, tanto co meu pai como coa miña nai. No día a día ambos traballan e non temos moito tempo para estar xuntos, nestes días tivemos tempo para xogar, xogamos ás cartas todos os días....

4ª HORA: Lingua. Na páxina 137 imos traballar a comprensión dun pequeno texto facendo os exercizos 4, 5 e 6.

Como foi o primeiro día? Que vos pareceu? Moito traballo?

viernes, 3 de abril de 2020

Bo descanso

Hoxe empezan as vacacións de Semana Santa que rematarán o día 13 de abril, incluído. O próximo día 14 voltamos a traballar. Non sabemos o espazo, se será na casa ou no colexio. Esperemos voltar ás aulas o máis pronto  posible...

Nesta vindeira semana na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria se realizará unha reunión valorando a situación para programar o terceiro trimestre. Vos manterei infomad@s das novidades que puideran acontecer. 

Nembargantes quedan días de descanso por diante, na casa, pero sen traballo. Seguide a mantervos fortes, pronto gañaremos esta guerra! 

FELIZ PASCUA!


jueves, 2 de abril de 2020

Venres 3 de abril


1ª HORA: MATEMÁTICAS. Creo que as divisións necesitan un repaso 😰 aquí vos achego outra ficha.
2ª HORA: LENGUA: Palabras compuestas. Son aquellas formadas por la unión de dos o más palabras. Por ejemplo: lavavajillas.

Tarea: Ejercicios 2, 3 y 4 de las páginas 130 y 131 sin enunciado.

5ª HORA: CCNN: páxinas 74 e 75 imos ler estas dúas páxinas para rematar o tema e faremos uns debuxos poñendo os nomes dos principais avances científicos e da saúde nestes derradeiros tempos. O título serà ese: Avances científicos e da saúde na actualidade.

miércoles, 1 de abril de 2020

Xoves 2 de abril 2020

1ª HORA: LENGUA: Pronombres demostrativos pág. 129. Tienen las mismas formas que los determinantes demostrativos excepto la forma neutra. Y se diferencian de los determinantes en que los pronombres no acompañan a ningún nombre. Por ejemplo: este niño es muy simpático (este es determinante porque acompaña a un nombre- este niño) / este es muy simpático (aquí funciona como pronombre ya que no acompaña a ningún nombre, después de este hay un verbo-es_).
Mirad este vídeo sobre el tema:



Tarea: ¿Probamos suerte a distintiguir si es un pronombre o un determinante? Vamos a intentar hacer el ejercicio 6 de la página 129.

3º HORA: LINGUA. Páx 132. A entrevista e os personaxes dos textos narrativos, páginas 132 e 133. Imos ler as dúas páxinas a maiores podedes consultar esta páxina con varias entrevistas: http://cp.padrejeronimo.algete.educa.madrid.org/revistadigital/index.php/27-paseo-por-el-cole/primaria/5%C2%BA-primaria/320-entrevista-5%C2%BA

Propóñovos pensar nunha personaxe que coñezades ben, a que queirades; e preparar unha entrevista para facerlle. Pensade alomenos cinco preguntas. E se sabedes, podedes incluso respondelas.

LEMBRADE. NON SE LLE FAN PREGUNTAS PERSOAIS (DO TIPO: estás casado/a, tes mozo/a, cantos anos tes?...) queredes facer unha entrevista a unha personaxe porque é importante por algo. Nas vosas preguntas teredes que intentar destacar eso polo que esa persoa é coñecida.


4º HORA: CCSS A Constitución e as institución de España nas páx. 74 e 75. Lemos as dúas páxinas e imos ver os seguintes vídeos.

 

 Tarefa: Seríades quen agora de definir: Constitución, deputado, monarquía, senador e xefe do estado.

Repaso contidos matemáticas

 Preme na foto para acceder aos xogos para practicar matemáticas