lunes, 13 de abril de 2020

Martes día 14 de abril de 2020


Que tal de vacacións, de atípicas vacacións? Aproveitástedes o descanso? Voltamos ao traballo paseniño repasando as divisións de novo e traballando un pouco a redacción de textos.

1ª HORA: Matemáticas. Escollede tres divisións e facede a proba para ver se nos lembramos ou non das divisións.



3ª HORA: Lengua. Imos escribir un pouco, faremos unha listaxe de cousas boas sobre esta crise do coronavirus ou aprendizaxes que sacaremos deste mes que levamos na casa. E tras facer esa listaxe imos explicar segundo a nosa opinión cal é o motivo da nosa elección.
Por exemplo: Listaxe- pasar máis tempo cos meus pais. Redacción: Eu considero que con esta situación estou gañando tempo cos meus pais, tanto co meu pai como coa miña nai. No día a día ambos traballan e non temos moito tempo para estar xuntos, nestes días tivemos tempo para xogar, xogamos ás cartas todos os días....

4ª HORA: Lingua. Na páxina 137 imos traballar a comprensión dun pequeno texto facendo os exercizos 4, 5 e 6.

Como foi o primeiro día? Que vos pareceu? Moito traballo?

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Repaso contidos matemáticas

 Preme na foto para acceder aos xogos para practicar matemáticas