domingo, 30 de junio de 2019

Pechado por vacacións...

Hoxe remata o curso, pero tamén se pecha unha etapa, unha etapa moi especial, que gardarei para sempre. GRAZAS A TODOS AQUELES QUE A FIXERON POSÍBEL.




RECORDO FINAL DA EXCURSIÓN

Aquí vos deixo a montaxe final con todas as fotos enviadas por Mónica!


viernes, 28 de junio de 2019

Graduación

Aquí vos deixo o vídeo da graduación do día 20 de xuño de 2019. Moitos éxitos na vosa nova andaina, agardo vervos de novo por aquí!


viernes, 21 de junio de 2019

Despedida

Hoxe chegou o día da despedida, un día triste e... alegre por outra banda. Triste porque vos despido pero alegre por todas aquelas portas que se vos abren. Fixen este vídeo con todo o cariño, agardo que vos guste.

Vouvos estrañar moito, moitísimo... MOITA SORTE MEUS PEQUENOS!!!


viernes, 14 de junio de 2019

Humor amarelo

Como fin de curso dende o colexio as titoras de 4º, 5º e 6º pensamos que sería divertido pasar unha xornada en Humor amarelo.

Estivo divertido, verdade?




miércoles, 5 de junio de 2019

ROBÓTICA

Coa axuda do profe Martín en Robótica deseñamos uns robots para medir distancias e temperatura. Aquí vos mostramos os nosos logros en programación e o resultado co trasvase deses datos aos robots. Moi bo traballo! Mirade que feitiños!!!


Descubrindo o Norte 2019


Con esta última actividade rematamos o Proxecto Descubrindo o Norte que comezou o curso pasado cando íamos en 5º de EP. Dende charlas no cole, ata esta visita as instalación da Universidade de Vigo, pasando por unha pequena investigación sobre as pisadas dos nosos antergos e sen olvidar as “Carreiras de Orientación” nas que participamos coas nosas familias, foron dous cursos moi intensos.

Enlaces en la página de la Universidad sobre esta actividad.
 
 Aquí tedes o video da vosa visita, toda unha experiencia!!!!






Letras Galegas 2019

Este ano o Día das Letras Galegas adicouselle a Antón Fraguas e para cantar en galego convidamos ao centro a Paco Nogueiras que nos presentou o seu disco "Bule, bule". Cantamos, bailamos e o pasamos xenial!

PROXECTO: Estrelas


Con un pouco de retraso rematamos as exposicións do PROXECTO ESTRELAS. Os derradeiros grupos en expoñer foron os responsables dos eclipses solares e das galaxias. Bo traballo nenos e nenas!

Obradoiro de drogodependencias

Durante todo o mes de maio, os venres, tralo recreo tivemos obradoiros sobre prevención de condutas inadecuadas. Coñecimos un pouco máis sobre as drogas, os seus efectos no noso corpo e tamén traballamos a personalidade para tentar contar cos recursos necesarios para, chegado o momento, ser quen de dicir NON.


Repaso contidos matemáticas

 Preme na foto para acceder aos xogos para practicar matemáticas