lunes, 16 de noviembre de 2020

Programa de prevención de adiccións

Como todos os anos, en 6º de Educación Primaria, temos unha charla para previr as adiccións. Desta vez contamos co asesoramiento de Inma da asociación Érguete. A presidenta desta asociación é María del Carmen Avendaño Otero, coñecida nos anos oitenta como unha nai coraxe, xunto con outras nais cuxos fillos e fillas estaban a sufrir as consecuencias do narcotráfico en Galicia.

Elas foron altofalantes de denuncia sobre o narcotráfico na nosa comunidade autónoma para tentar acabar con el e dar oportunidade aos mozos a sair da situación de adicción que acarrexaban. Tempo despois a asociación creceu ampliando os seus servicios,  profesionalizándoos e dotándoos da calidade necesaria para enfrontarse a novos retos

Érguete é unha entidade de iniciativa social sen ánimo de lucro, que traballa para fomentar hábitos de vida saudábeis, xerar oportunidades e prestar servizo a persoas e familias afectadas por condutas adictivas, disruptivas e/ou de risco, intervindo no ámbito xurídico, social, preventivo e educativo.



Repaso contidos matemáticas

 Preme na foto para acceder aos xogos para practicar matemáticas