domingo, 17 de diciembre de 2017

sábado, 16 de diciembre de 2017

Memorias de ÁFRICA

Dentro do proyecto África da biblio onte tiremos una visita moi especial. Dous voluntarios que alí traballan nos falaron do continente, as súas costumes, os seus bailes, a súa xente e todas aquelas cousas que quixemos saber .


O litoral, as nosas costas

O departamento de Normalización Lingüística do cole trouxo para nós esta actividade, gracias a ela puidemos coñecer un pouco máis os elementos das nosas costas.



Bicos de papel

O xoves día 14 a asociación Bicos de Papel de Vigo tiña unha cita con nós no colexio para realizar o circuito de Educación Viaria no pavillón, pero o día estivo moi desapacible e non houbo asistencia. Unha mágoa, esperamos poder noutro momento, colaborar con eles.




viernes, 15 de diciembre de 2017

Proyecto biografías

LEMBRADE QUE O PRAZO PARA AS BIOGRAFÍAS REMATA ESTA SEMANA!!!!!


EXAME LENGUA

No exame de lengua do tema 5 a materia que entra é:

Palabras homófonas.
Género y número.
El punto.
Estilo directo e indirecto.

En esta página podéis realizar actividades de refuerzo.


EXAME DE MATE

Os exercizos tipo que poden caer en matemáticas son:

TEMA 3:  Divisións

- Recoñecer os termos da división.
- Coñecer e distinguir que é división exacta e inexacta.
- A propiedade fundamental da división.
- Resolver divisións de dúas e tres cifras no divisor.
- Aplicar a proba da división.
- Buscar o termo da división que descoñezo (dividendo, divisor, cociente).

Aquí tedes exercizos de reforzo deste tema.



TEMAS 4 e 5: Números decimais e operación
- Escribir os decimais con letras se teño o número, ou por outra banda, escribir o número se o teño escrito con letra.
- Descompoñer as unidades dun número decimal en décimas, centésimas e milésimas.
- Coñecer a parte enteira e a parte decimal nun número dado.
- Representar un número decimal na recta.
- Expresar en forma de fracción decimal.
- Ordenar números decimais. Facer series.
- Aproximar números decimais ás unidades, décimas e centésimas.
- Sumar, restar e multiplicar números decimais.
- Dividir enteiros entre cociente decimal. (Por exemplo: 18:8 e sacar os decimais)
- Dividir un decimal entre un enteiro. (P.e.: 37,824: 12).
- Multiplicar e dividir un decimal por 10,100,1000,10000 (a unidade seguida de ceros).
- Problemas con números decimais.

Aquí tedes exercizos para practicar os decimais.

En Aula Fácil podedes facelos on line e corrixilos. E en Jueduland tedes moitos xogos para practicar.



Derradeiros exames

Xa están a chegar as vacacións e coa sea proximidade tamén veñen os derradeiros exames. O luns 18 será o de matemáticas e o martes 19 será o de lengua.

En matemáticas entran os temas 3 (división de dúas e tres cifras), 4 e 5 que son os decimáis numeración e operacións respectivamente.

En lengua só entra o tema 5.

miércoles, 13 de diciembre de 2017

Voluntariado

O xoves día 1 de decembro tivemos unha sesión con voluntarios da Cruz Vermella que nos contaron un pouco sobre a labor que fan. Grazas por dar tanto a cambio de tan pouco.



martes, 5 de diciembre de 2017

LEMBRADE O PROXECTO BIOGRAFÍAS

Para esta ponte temos que rematar de ler os libros de bigrafías e comezar a facer o traballo para a exposición.



Obradoiro regueifas

O día 4 de decembro Pinto e Caruncho viñeron ao cole para amosarnos as regueifas e de paso ensinarnos como facelas. Foi unha clase moi divertida.

Aquí tedes uns vídeos e unhas fotos da súa visita.







domingo, 3 de diciembre de 2017

Repaso contidos matemáticas

 Preme na foto para acceder aos xogos para practicar matemáticas