viernes, 15 de diciembre de 2017

EXAME DE MATE

Os exercizos tipo que poden caer en matemáticas son:

TEMA 3:  Divisións

- Recoñecer os termos da división.
- Coñecer e distinguir que é división exacta e inexacta.
- A propiedade fundamental da división.
- Resolver divisións de dúas e tres cifras no divisor.
- Aplicar a proba da división.
- Buscar o termo da división que descoñezo (dividendo, divisor, cociente).

Aquí tedes exercizos de reforzo deste tema.



TEMAS 4 e 5: Números decimais e operación
- Escribir os decimais con letras se teño o número, ou por outra banda, escribir o número se o teño escrito con letra.
- Descompoñer as unidades dun número decimal en décimas, centésimas e milésimas.
- Coñecer a parte enteira e a parte decimal nun número dado.
- Representar un número decimal na recta.
- Expresar en forma de fracción decimal.
- Ordenar números decimais. Facer series.
- Aproximar números decimais ás unidades, décimas e centésimas.
- Sumar, restar e multiplicar números decimais.
- Dividir enteiros entre cociente decimal. (Por exemplo: 18:8 e sacar os decimais)
- Dividir un decimal entre un enteiro. (P.e.: 37,824: 12).
- Multiplicar e dividir un decimal por 10,100,1000,10000 (a unidade seguida de ceros).
- Problemas con números decimais.

Aquí tedes exercizos para practicar os decimais.

En Aula Fácil podedes facelos on line e corrixilos. E en Jueduland tedes moitos xogos para practicar.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Repaso contidos matemáticas

 Preme na foto para acceder aos xogos para practicar matemáticas