jueves, 20 de diciembre de 2018

Proxecto Pilabot

O xoves 20 de decembro tivemos unha charla sobre o Proxecto: PILABOT, RECICLA CON ENERXÍA! no que estamos a participar neste curso.

Pilabot é un robot que foi creado para cumprir unha misión: protexer o medio ambiente minimizando a contaminación xerada polos residuos de pilas. Fabricárono co obxectivo de realizar unha recollida selectiva de pilas, pero o seu traballo está a complicarse. A xente cada vez usa máis aparellos electrónicos e con eles, máis pilas, baterías, cargadores... Pilabot ten que cumprir coa súa misión, polo que solicita axuda ás novas xeracións a través dun concurso para centros educativos: o que máis pilas recolla, terá premio.

Colocarase no centro un contedor para depositar as pilas de forma colectiva. O alumnado levarán unhas caixas para que garden as pilas que xa non usan nos seus fogares. Despois, levarán as pilas ata o centro e as depositarán no contedor.

Carlos Spuch

O luns 17 de decembro tivemos a sorte de contar con Carlos Spuch no centro, grazas a el coñecimos un pouco máis o noso cerebro e a importancia que a alimentación e o deporte conxuntamente lle aportan para que este órgano tan importante estea en óptimas condicións. Esta charla está enmarcada no proxecto Descubrindo o Norte 2019 organizado polo Departamento de Educación Física.



martes, 18 de diciembre de 2018

Cataratas de sangue II

Aquí tedes a continuación dos nosos experimentos.

Leo

Uxía


Iker y Anxo




Marcelo y Khalil

Juan y Junior

Cataratas de sangue


Aquí colgamos os vídeos dos traballos prácticos das Cataratas de Sangue que foi o tema que escollemos na clase para traballar neste trimestre o tema proposto pola biblioteca do centro “Oceanía e os Polos”

Álvaro

Grupo Cristina, Antía, Lorena y Nati



Charla Navega con Rumbo

O pasado venres día 14 de decembro tiremos unha charla sobre os perigos das redes sociais. O relator detallounos algúns dos erros máis frecuentes que cometemos ao interactuar con estas aplicacións.




miércoles, 12 de diciembre de 2018

Ciencias Naturais

O exame de Naturais do tema 2 tamén está próximo, nesta páxina podedes repasar e facer unha autoavaliación dos materiais traballados.


Lingua Galega

No seguinte enlace tedes material para traballar o estudiado en lingua galega.


Exame lengua

Este venres tamén temos o exame de lengua castelá. No seguinte enlace atoparedes unha morea de fichas para repasar os contidos a traballar dos temas 3 e 4 que nos quedan para o exame.



Exame de matemáticas

Mañá temos o exame de matemáticas dos temas 3 e 4 aquí vos deixo exercizos para practicar os contidos da proba.


 

TEMA 3: MÚLTIPLOS E DIVISORES

 TEMA 4: OS NÚMEROS ENTEIROS, máis exercizos e máis. E máis...

viernes, 7 de diciembre de 2018

Tema 7 CCSS

O Reinado de Alfonso XIII, Ditadura de Primo de Rivera e II República Española. Primeira parte do século XX ata o 1936.


Guerra Civil Española (1936-1939)



El franquismo (1939-1975)



La transición



Generación del 27



jueves, 29 de noviembre de 2018

Auroras Boreais

Dende o Equipo de Dinamización da lingua propóñennos unha tarefa: o estudo das auroras boreais e a realización dun experimento no que aquí tedes o enlace para facelo.


martes, 27 de noviembre de 2018

CCNN

O xoves temos exame de ciencias naturais do tema 1. Nel estamos a estudiar os reinos dos seres vivos. Aquí tedes material para repasar.



lunes, 26 de noviembre de 2018

Plantación de tulipáns

O venres 23 de novembro co Teacher plantamos tulipáns por todo a contorna da fachada principal do cole. Agardamos velos pronto crecidos facendo un pouco máis fermosa a entrada ao cole!


domingo, 18 de noviembre de 2018

Biblioteca Pública Juan Compañel

O venres 16 de novembro visitamos a Biblioteca Pública Juan Compañel, antes coñecida coma Biblioteca Central. Situada no centro de Vigo, utiliza o espazo dun antigo  casino. Seis andares ten este fermoso lugar no que se manexan máis de 30.000 exemplares. 
O seu nome, Juan Compañel, llo debe a un editor moi coñecido en Vigo cuxa imprenta estaba situada na Rúa Real e que ten a honra de publicar a primeira edición de Cantares Gallegos de Rosalía De Castro.
Alí un dos seus bibliotecarios, estupendo por certo, nos ensinou o uso deste espazo. Puidemos gozar de marabillosos libros e álbumes ilustrados e rematamos a visita cunha búsqueda do tesouro cunha  chea de pistas agochadas entre os libros, películas, CDs musicais e demáis materiais que alí atopamos.
Saímos con ganas de voltar pronto para facernos socios e poder gozar moito máis deste fermoso espazo!!!!!!


jueves, 15 de noviembre de 2018

Exame CCSS


O vindeiro xoves día 22 temos exame do tema 6 no que estudiamos os seguintes contidos. Aquí tendes algúns videos para poder repasar.

Guerra da Independencia

Constitución de 1812

Guerras Carlistas



Reinado de Isabel II

A primera República

A revolución Industrial






O modernismo

Xeración do 98


Magosto 2018

Co gallo do San Martiño o día 11 de Novembro que neste ano caeu en domingo o martes 13 fixemos o magosto no cole. Comemos coma sempre chourizos e castañas e participamos por equipos en nove xogos ideados por tres mestras do cole, encargadas da súa organización. E xa no remate da festa non podía faltar o Bob Apple no que pola nosa clase participou Khalil. Gozámolo moito!!

miércoles, 7 de noviembre de 2018

Segunda parte do Obradoiro de Poesía Visual

O día 30 de outubro realizamos a segunda parte do obradoiro de poesía visual impartido por David Fernández Rivera. Consistiu nunha visita á Casa Galega da Cultura na que están expostas unha selección de obras da colección “Cuartos rostros”, escollidas polo seu potencial didáctico para poder achegar a poesía máis experimental ao alumnado de tercero ciclo de primaria.





martes, 6 de noviembre de 2018

Repaso exame matemáticas

O xoves día 8 de novembro temos exame de matemáticas dos temas 1 e 2. Se premedes na imaxe tedes material online para traballar os contidos deses temas.


lunes, 29 de octubre de 2018

Powerpoint inglés

De novo o noso compañeiro Álvaro presentou un traballo voluntario en inglés, nesta ocasión adicado a Rafa Nadal.
Premede aquí para velo.


domingo, 28 de octubre de 2018

Obradoiro de sacos aromáticos

O venres día 26 de outubro fixemos xunto co alumnado de 4° de Educación Infantil (3 años) un obradoiro de saquiños aromáticos. Axudámoslles a coller as herbas, xuntalas na tea e atarlle la para suxeitalos. Arrecendían xenial!



miércoles, 24 de octubre de 2018

Trailer

Co gallo da apertura da biblioteca na clase fixemos un trailer sobre unha das novidades coas que contamos este mes de outubro. Agardamos vos guste!!!


Traballo inglés

Cristina realizou este traballo para inglés sobre un texto expositivo. Mirade que chulo quedou!






lunes, 15 de octubre de 2018

Obradoiro poesía visual

O xoves 11 de outubro tivemos no colexio un obradoiro de poesía visual. Nel puidemos cambiar a nosa visión estática da poesía como un texto estruturado en estrofas e versos e ampliar moito máis a visión da mesma. Coñecemos os caligramas e interpretamos distintos poemas visuais. Foi moi didáctico!

jueves, 4 de octubre de 2018

Baile de nadal


Imos entrando en materia no curso. Achego o vídeo do baile de nadal para que vaiades practicando, ainda que hai que cambiar algunha pista musical para que soe mellor.





Oceanía e os polos

Este curso o lema anual do cole é OCEANÍA E OS POLOS.
 Dende a biblioteca, a que propón o tema, sempre se anima a que o alumnado participe con algunha aportación persoal ao mesmo. E na clase, Álvaro, fixo este pequeno traballo sobre os animais de Oceanía en castelán e inglés.
Moitas grazas Álvaro!!

miércoles, 12 de septiembre de 2018

miércoles, 27 de junio de 2018

BO VERÁN!!!!!!!

GOZADE MOITO DO VERÁN!! GOZADE DAS VACACIÓNS E DESCANSADE MOITO!!!

O VINDEIRO CURSO ESCOLAR SERÁ DURO, PERO TAMÉN MOI ESPECIAL!!!!!!


VÉMONOS EN SETEMBRO!!!

Fin de curso 2018

Para rematar o curso a profe Tamar vos ensinou a tocar o piano, puidestes usar o piano de chan e coma fin de festa tivemos a festa da auga o día 21 de xuño. Chegou o verán!!! CHEGARON AS VACACIÓNS!!!


Educación Viaria no terceiro trimestre

Aquí vos achego a derradeira xornada viaria do curso.


lunes, 18 de junio de 2018

Arquitectura sostenible en África

O martes 12 de cuño tivemos unha charla no cole sobre as distintas construcción óno continente africano. Aprendimos moito!




viernes, 15 de junio de 2018

DÍA DA CIENCIA SEGUNDA PARTE

Esta semana continuamos co noso día da ciencia co alumnado que a semana pasada non puido realizar os experimentos. Xenial o voso traballo!!!!

sábado, 9 de junio de 2018

DÍA DA CIENCIA

O venres día 8 de xuño realizamos en clase o día da ciencia no que individualmente ou por parellas traballástedes específicamente un contido da materia de ciencias. Foi unha experiencia xenial! Aínda quedan alumnos e alumnas por participar, o vindeiro luns segunda parte.


sábado, 2 de junio de 2018

OBRADOIRO DE CONTOS

O venres 25 de maio tivemos un obradoiro de contos no que transformamos os contos tradicionais. Fomos un pouco malos e imaxinamos outros finais máis escatolóxicos!! Pasamos unha mañá estupenda!!!


ECOPARQUE

O día 23 de maio visitamos o Ecoparque en Marín. Tirolinas, cables, arneses...!! Un día moi completo e cheo de diversión!!!!


miércoles, 16 de mayo de 2018

Lengua tema 14

Aquí vos achego o material do tema 14 que estamos a ver en lengua. Tedes teoría e actividades en liña para poder traballar e practicar o aprendido!

LINGUA GALEGA

Onte mergullando na rede atopei este blogue de 5º de Primaria da miña mestra de lengua de sexto, sétimo e oitavo de primaria, que foi a directora do meu colexio durante moitos anos. Xa vai moito, moito, moito... tempo!

Neste blogue aparece resumida toda a teoría de 5º da materia de lingua galega do curso ademáis dalgunha actividade. Aquí vola deixo, agardo vos sirva!!!

LENGUA TEMA 13 REPASO

Neste enlace podedes ver a teoría e repasar o tema 13 de lengua.


martes, 15 de mayo de 2018

LETRAS GALEGAS 2018

Co gallo das Letras Galegas deste ano adicadas a María Victoria Moreno este ano realizamos as XII Probas de Mariví.




 Aquí tedes as fotos!!!














ÁREAS

O día 15 de maio pola mañá o adicamos a realizar estimación das áreas das distintas pistas do centro. Temos agromensores expertos na aula!!!

https://nuestroblogde5primaria.wordpress.com/matematicas/13-area-de-figuras-planas/
Se premedes no seguinte enlace podedes ir revisando e repasando o tema actual de matemáticas.


DESCUBRINDO O NORTE


O pasado venres 11 de maio pola tarde, tivemos a primeira parte do Proxecto Descubrindo o Norte. O alumnado de 5º de Primaria e as súas familias, acompañados dos mestres do cole, desplazáronse a Monteferro xunto cos compañeiros e compañeiras do C.E.P. de Sabarís (este curso non podemos ir ao Galiñeiro por mor dos incendios de outubro).

Despois de facer un percorrido escore na contorna do monumento da Mariña baixamos á zona dos cantís para facer o percorrido en liña. Ao rematar este, expuxemos o noso traballo sobre Monteferro e os compañeiros e compañeiras de Sabarís explicáronnos os petroglifos, muíños naviculares e o parque das Illas Atlánticas que formaba parte da paisaxe na que nos atopábamos.

No seguinte cartafol podedes revisar a información sobre a actividade que elaborastedes xunto co profe Martín.

 Grazas ao profe Martín polo seu traballo e a todos vós e as vosas familias pola vosa participación! Foi unha tarde xenial!


miércoles, 2 de mayo de 2018

EXAMES

A vindeira semana do 7 ao 11 de maio teremos exame de CCSS do tema 7.

Seríades quen de definir:

Poboación absoluta, natalidade, mortalidade, saldo natural, esperanza de vida, poboación activa e dentro de esta a ocupada e a parada e poboación inactiva. Tamén emigración, migración, saldo migratorio, densidade de poboación e éxodo rural.


Cara onde viaxaban os emigrantes que houbo en España ata o 1950 e do 1960 ao 1970, cales son as zonas máis e menos poboadas de España e por último cales son as características da poboación europea?

Polígonos

Para o tema de matemáticas de xeometría o Colegio Bretón de los Herreros en Logroño ten un material moi interesante. Botádelle unha ollada! Premede no enlace!



https://drive.google.com/open?id=1jFBZZEzibMERiUribrnIsjpGHczBi9lo

Aquí tedes exercizos para practicar. Animádevos!!!

viernes, 27 de abril de 2018

Co profe Martín visitamos as instalacións do CUVI para seguir traballando o atletismo que é un contido deste trimestre.





O alumnado de 5º e 6º de primaria visitamos xunto co profe Martín e a profe Mariajo o STEMlab en Santiago, que está inserido no programa de robótica que estamos a traballar este curso.

sábado, 7 de abril de 2018

ETRAD

O día 22 de marzo visitamos o auditorio do Concello para asistir xunto coa profe Tamar e o alumnado de 4º e 6º a unha actuación da Escola de Música Tradicional de Vigo. No concerto pudimos escoitar as sete cantigas que contén o Pergamino Vindel que visitamos ao inicio do curso.

Gustounos moitísimo a visita!! Mirade que chulo!!


Trailer dun libro


BRUJARELLA

Resultado de imaxes para BRUJARELLA

Unha misteriosa desaparición sacode o bosque de Terragrís. (Escena 1: Necesitamos un video dun bosque, un lugar arbolado facéndose de noite. Máxima duración 1 minuto)

Todas as ranas desapareceron misteriosamente sen deixar rastro. (Escena 2: Nunha habitación a escuras facendo con sombra como unha man colle unha rá) (Escena 3: Tamén unha man colle dun tendedeiro o calcetín de Brujarella) 

A Irmandade das Bruxas do Bosque reúnese para buscar unha solución. Sen rás non hai pócimas. (Escena 4: Tedes que disfrazarvos de bruxas, nunha habitación ou nun sitio con céspede a escuras poñer unha luz diante de vós no chan para que haga sombra e facer como que falades con outras bruxas con cara de preocupación. Logo abaixo vos poño a descripción das sete bruxas da Irmandade).

A nosa protagonista, a bruxa Brujarella, o lobo Hugo e Gustavo o pingüino iniciarán unha procura para resolver o enigma. (Escena 5: Necesitamos un primer plano de Brujarella coa súa escoba diciendo que vai atora ao culpable. Escena 6: Necesitamos un lobo, alguén ten unha careta??. Escena 7: Tamén un pingüín, alguén ten un peluche de pingüín, se é así hai que facerlle un primer plano.) Os vídeos estas tres escenas eran como máximo 10 segundos cada un).

Nos seus camiños crúzase un escuro personaxe, o marqués de Grenouille. Que relación terá coas desaparicións e tamén con Brujarella? (Escena 8: Alguén debería disfrazarse desde señor, ten bigote, o pelo peinado con gomina e ten que vestir de verde, é un marqués polo que ten que andar moi estirado e se pode ser cun bastón)


A solución a este enigma… na biblioteca do cole. (Derradeira escena: a grabamos na biblio esta semana)

Se se vos ocorre algunha outra cousa para engadir ao ler o texto que está en negriña non dubidedes en enviala, xa a meteremos no trailer. Animádevos a participar, esta semana temos que deixalo listo.

DESCRIPCIÓN PERXONAXES:

Brujarella: viste sombreiro negro e puntiagudo de bruxa e vestido negro, leva unha escoba de bruxa. Ten unha verruga negra da que sae un so pelo na punta do nariz, un so dente case negro.

Miravella: é a bruxa suprema da Irmandade das Bruxas do bosque, moi alta e delgada, con naris de águia, coa espalda encorvada e unhas pequenas gafas no naris.

Manzanella: a más rica e presumida.

Xemelgas Viruella e Varicella: Viruella con cicatrices na cara e Varicella con graniños

Viejarella: Moi vella, chea de engurras. Vai en cadeira de rodas.

Carabella: Era tan fea que cubría a cara co sombreiro para non asustar.

NOTA: TODAS AS BRUXAS VISTEN DE NEGRO E LEVAN SOMBREIRO DE BRUXA.

Marqués de Grenouilles: Alto, delgado, moi pálido, pelo negro pleiteado con gomina, tiña un bigote engominado e rizado cara arriba con guantes e gorra. Todo vestido de verde con roupas elegantes.

MANDADEME OS VIDEOS QUE POIDADES FACER AO CORREO ELECTRÓNICO POR FAVOR. GRAZAS AOS QUE PARTICIPEN!!!

miércoles, 21 de marzo de 2018

Xornada de Educación Viaria

O mércores 21 de marzo coa cegada da primavera recibimos no cole ao alumnado de 5º curso do C.E.I.P. Chans Bembrive. Todos xuntos, nenos e nenas pasamos unha mañá traballando a  Educación Viaria. Grazas pola visita!

Bosque vivo

O día 15 de marzo achegáronse ao centro dous gardas forestais que nos falaron da riqueza dos nosos bosques. Unha charla moi didáctica na que aprendimos moreas de cousas.






Repaso contidos matemáticas

 Preme na foto para acceder aos xogos para practicar matemáticas