viernes, 27 de abril de 2018

Co profe Martín visitamos as instalacións do CUVI para seguir traballando o atletismo que é un contido deste trimestre.





O alumnado de 5º e 6º de primaria visitamos xunto co profe Martín e a profe Mariajo o STEMlab en Santiago, que está inserido no programa de robótica que estamos a traballar este curso.

sábado, 7 de abril de 2018

ETRAD

O día 22 de marzo visitamos o auditorio do Concello para asistir xunto coa profe Tamar e o alumnado de 4º e 6º a unha actuación da Escola de Música Tradicional de Vigo. No concerto pudimos escoitar as sete cantigas que contén o Pergamino Vindel que visitamos ao inicio do curso.

Gustounos moitísimo a visita!! Mirade que chulo!!


Trailer dun libro


BRUJARELLA

Resultado de imaxes para BRUJARELLA

Unha misteriosa desaparición sacode o bosque de Terragrís. (Escena 1: Necesitamos un video dun bosque, un lugar arbolado facéndose de noite. Máxima duración 1 minuto)

Todas as ranas desapareceron misteriosamente sen deixar rastro. (Escena 2: Nunha habitación a escuras facendo con sombra como unha man colle unha rá) (Escena 3: Tamén unha man colle dun tendedeiro o calcetín de Brujarella) 

A Irmandade das Bruxas do Bosque reúnese para buscar unha solución. Sen rás non hai pócimas. (Escena 4: Tedes que disfrazarvos de bruxas, nunha habitación ou nun sitio con céspede a escuras poñer unha luz diante de vós no chan para que haga sombra e facer como que falades con outras bruxas con cara de preocupación. Logo abaixo vos poño a descripción das sete bruxas da Irmandade).

A nosa protagonista, a bruxa Brujarella, o lobo Hugo e Gustavo o pingüino iniciarán unha procura para resolver o enigma. (Escena 5: Necesitamos un primer plano de Brujarella coa súa escoba diciendo que vai atora ao culpable. Escena 6: Necesitamos un lobo, alguén ten unha careta??. Escena 7: Tamén un pingüín, alguén ten un peluche de pingüín, se é así hai que facerlle un primer plano.) Os vídeos estas tres escenas eran como máximo 10 segundos cada un).

Nos seus camiños crúzase un escuro personaxe, o marqués de Grenouille. Que relación terá coas desaparicións e tamén con Brujarella? (Escena 8: Alguén debería disfrazarse desde señor, ten bigote, o pelo peinado con gomina e ten que vestir de verde, é un marqués polo que ten que andar moi estirado e se pode ser cun bastón)


A solución a este enigma… na biblioteca do cole. (Derradeira escena: a grabamos na biblio esta semana)

Se se vos ocorre algunha outra cousa para engadir ao ler o texto que está en negriña non dubidedes en enviala, xa a meteremos no trailer. Animádevos a participar, esta semana temos que deixalo listo.

DESCRIPCIÓN PERXONAXES:

Brujarella: viste sombreiro negro e puntiagudo de bruxa e vestido negro, leva unha escoba de bruxa. Ten unha verruga negra da que sae un so pelo na punta do nariz, un so dente case negro.

Miravella: é a bruxa suprema da Irmandade das Bruxas do bosque, moi alta e delgada, con naris de águia, coa espalda encorvada e unhas pequenas gafas no naris.

Manzanella: a más rica e presumida.

Xemelgas Viruella e Varicella: Viruella con cicatrices na cara e Varicella con graniños

Viejarella: Moi vella, chea de engurras. Vai en cadeira de rodas.

Carabella: Era tan fea que cubría a cara co sombreiro para non asustar.

NOTA: TODAS AS BRUXAS VISTEN DE NEGRO E LEVAN SOMBREIRO DE BRUXA.

Marqués de Grenouilles: Alto, delgado, moi pálido, pelo negro pleiteado con gomina, tiña un bigote engominado e rizado cara arriba con guantes e gorra. Todo vestido de verde con roupas elegantes.

MANDADEME OS VIDEOS QUE POIDADES FACER AO CORREO ELECTRÓNICO POR FAVOR. GRAZAS AOS QUE PARTICIPEN!!!

Repaso contidos matemáticas

 Preme na foto para acceder aos xogos para practicar matemáticas