domingo, 19 de mayo de 2019

PACO NOGUEIRAS

O Día 16 de maio co gallo das Letras Galegas 2019 adicadas a Antón Fraguas tivemos coma visita de honra a Paco Nogueiras que fixo que todo o alumnado e profesorado movese o corpo. Bailamos e pasámolo moi ben!


martes, 7 de mayo de 2019

Camiña con nós pola igualdade

Elsa volveu unha vez máis ao noso centro para advertirnos de como empeza a violencia física, psicolóxica e sexual contra as mulleres desde cando empeza a relación entre dúas personas. Deunos pautas para observar dende o inicio aqueles signos de alerta dos que debemos estar moi atentos. Grazas Elsa por todo o teu traballo con nós todos estes anos.



Novas Tecnoloxías

O luns 6 de maio visitounos no colexio unha axente da Policía Nacional que nos informou e alertou dos perigos de internet. Explicounos moita información e advertiunos de moitas condutas das que debemos desconfiar na rede. Non é ouro todo o que reluce.


Día do Libro

Co gallo do día do libro cada clase fixo unhas recomendacións das novidades da biblioteca escolar cos seus propios booktubers. Aglutinadas todas as auras nun gran mural animáronos a LER unha morea de libros.


Xornada Viaria

Coma todos os trimestres realizamos a xornada viaria no colexio. Todo un éxito!





PRIMEIROS AUXILIOS


A nai dunha alumna do cole veu ao colexio a ensinarnos a realizar primeiros auxilios, foi unha experiencia moi moi produtiva e moi interesante. Grazas María!


Bosque vivo

Para promocionar a ecoloxía e como parte do ciclo de charlas de Bosque vivo tivemos unha segunda charla o día 9 de abril. Moi interesante!!



Ledicia Costas

O 4 de abril visitounos Ledicia Costas, foi unha visita xenial!! É todo un encanto!!!


viernes, 3 de mayo de 2019

Dentro do programa Coñece as tras institucións visitamos o Parlamento e a Xunta de Galicia. Todo un pracer para todos nós!!!


Repaso contidos matemáticas

 Preme na foto para acceder aos xogos para practicar matemáticas