miércoles, 16 de mayo de 2018

Lengua tema 14

Aquí vos achego o material do tema 14 que estamos a ver en lengua. Tedes teoría e actividades en liña para poder traballar e practicar o aprendido!

LINGUA GALEGA

Onte mergullando na rede atopei este blogue de 5º de Primaria da miña mestra de lengua de sexto, sétimo e oitavo de primaria, que foi a directora do meu colexio durante moitos anos. Xa vai moito, moito, moito... tempo!

Neste blogue aparece resumida toda a teoría de 5º da materia de lingua galega do curso ademáis dalgunha actividade. Aquí vola deixo, agardo vos sirva!!!

LENGUA TEMA 13 REPASO

Neste enlace podedes ver a teoría e repasar o tema 13 de lengua.


martes, 15 de mayo de 2018

LETRAS GALEGAS 2018

Co gallo das Letras Galegas deste ano adicadas a María Victoria Moreno este ano realizamos as XII Probas de Mariví.




 Aquí tedes as fotos!!!














ÁREAS

O día 15 de maio pola mañá o adicamos a realizar estimación das áreas das distintas pistas do centro. Temos agromensores expertos na aula!!!

https://nuestroblogde5primaria.wordpress.com/matematicas/13-area-de-figuras-planas/
Se premedes no seguinte enlace podedes ir revisando e repasando o tema actual de matemáticas.


DESCUBRINDO O NORTE


O pasado venres 11 de maio pola tarde, tivemos a primeira parte do Proxecto Descubrindo o Norte. O alumnado de 5º de Primaria e as súas familias, acompañados dos mestres do cole, desplazáronse a Monteferro xunto cos compañeiros e compañeiras do C.E.P. de Sabarís (este curso non podemos ir ao Galiñeiro por mor dos incendios de outubro).

Despois de facer un percorrido escore na contorna do monumento da Mariña baixamos á zona dos cantís para facer o percorrido en liña. Ao rematar este, expuxemos o noso traballo sobre Monteferro e os compañeiros e compañeiras de Sabarís explicáronnos os petroglifos, muíños naviculares e o parque das Illas Atlánticas que formaba parte da paisaxe na que nos atopábamos.

No seguinte cartafol podedes revisar a información sobre a actividade que elaborastedes xunto co profe Martín.

 Grazas ao profe Martín polo seu traballo e a todos vós e as vosas familias pola vosa participación! Foi unha tarde xenial!


miércoles, 2 de mayo de 2018

EXAMES

A vindeira semana do 7 ao 11 de maio teremos exame de CCSS do tema 7.

Seríades quen de definir:

Poboación absoluta, natalidade, mortalidade, saldo natural, esperanza de vida, poboación activa e dentro de esta a ocupada e a parada e poboación inactiva. Tamén emigración, migración, saldo migratorio, densidade de poboación e éxodo rural.


Cara onde viaxaban os emigrantes que houbo en España ata o 1950 e do 1960 ao 1970, cales son as zonas máis e menos poboadas de España e por último cales son as características da poboación europea?

Polígonos

Para o tema de matemáticas de xeometría o Colegio Bretón de los Herreros en Logroño ten un material moi interesante. Botádelle unha ollada! Premede no enlace!



https://drive.google.com/open?id=1jFBZZEzibMERiUribrnIsjpGHczBi9lo

Aquí tedes exercizos para practicar. Animádevos!!!

Repaso contidos matemáticas

 Preme na foto para acceder aos xogos para practicar matemáticas