viernes, 20 de diciembre de 2019

Bo Nadal


Descansade moito este Nadal, que se cumpran todos os vosos desexos neste novo ano. Vémonos pronto, gozade das vacacións!

Baile de Nadal

Neste ano máxico fixemos unha versión dunha canción de Bruno Mars sobre Lord Voldemort, o maior inimigo de Harry Potter, somos magos das artes escuras neste Nadal! Aquí está o baile, bo traballo, rapaces e rapazas!



Brownie de Gabriel

Seguindo coas receitas de Escarlatina a cociñeira defunta, neste caso Gabriel cociñou para toda a clase un brownie boísimo. Grazas Gabi, estaba boísimo!!!


miércoles, 18 de diciembre de 2019

Trailerbook

Como todos os anos o ENDLG xunto co equipo de Biblioteca Escolar  propóñennos que publicitemos as novidades da biblioteca cun trailerbook. Mirade como quedou o noso!


lunes, 9 de diciembre de 2019

Visita a Salinae

O mércores 5 de decembro visitamos Salinae e tamén puidemos ver a decoración de Nadal da zona centro e ao rematar a visita gozamos un pouco dos parques do areal. Pasámolo xenial!


martes, 26 de noviembre de 2019

Anxo Moure

O luns 25 de novembro, co gallo do Día Internacional da eliminación da violencia contra as mulleres Anxo nos axudou a transformar notícias dos xornais sobre violencia de xénero en corazóns, un taller máxico.


Galletas de praliné

Seguindo coas sobremesas que nós propón Román no libro de Ledicia Costas, Escarlatina, a cociñeira defunta; María preparou estas doces e boísimas galletas de praliné, unha auténtica delicia!!!



Bailes de Nadal

Aquí tedes o enlace do baile para practicar na casa. A bailar!!!


sábado, 23 de noviembre de 2019

Madalenas de Román (Escarlatina, a cociñeira defunta)

Namentres estamos a ler o libro de Ledicia Costas "Escarlatina, a cociñeira defunta" estamos a coñecer as receitas do libro de receitas de Román.
E Yousra, xunto coa súa nai animouse a facer madalenas para toda a clase! Mirade para elas, da xenio velas!!! E non so a pinta era boa senón que estaban BOÍÍÍSIMAS!!!




Regueifas

Unha vez máis Caruncho e Pinto de Herbón acompañáronnos e fixéronnos gozar. Pasamos un rato xenial coas súas regueifas. Moitas grazas aos dous!!!


Maxia, nada é o que parece

Co gallo do proxecto da biblioteca tivemos unha gran actuación de Leo Leíño, unha delicia! Grazas por facernos pasar un rato tan agradábel!


domingo, 17 de noviembre de 2019

Lendas galegas

Co gallo do tema da biblioteca escolar e en colaboración co Equipo de Dinamización da Lingua Galega fixemos esta pequena representación sobre a lenda da SANTA COMPAÑA.

Agardamos que vos guste!



sábado, 16 de noviembre de 2019

Divisións

Teoría e exercizos:

https://youtu.be/hu4cWtyHXSM
https://www.smartick.es/blog/matematicas/divisiones/divisiones-de-dos-cifras-ejercicios/
https://www.educapeques.com/recursos-para-el-aula/fichas-de-matematicas-y-numeros/ejercicios-de-divisiones-para-primaria.html
https://www.educanave.com/primaria/matematicas/division.htm


Repaso das táboas de multiplicar
https://www.mundoprimaria.com/recursos-educativos/tablas-de-multiplicar
https://www.tablasdemultiplicar.com/
http://tablas-de-multiplicar.es/tafels-oefenen.aspx

Tema 3 Lengua



Aquí vos achego material para traballar e practicar os contidos do terceiro tema.
Hiatos
http://www.materialesdelengua.org/WEB/hotpotatoes/ortografia/diptongoshiatos.htm
https://aprenderespanol.org/gramatica/acentuacion-diptongos-hiatos.html

Suxeito e predicado
Vídeo explicativo: https://youtu.be/Vh8bCYpIadc
https://aulapt.files.wordpress.com/2008/08/separa-sujeto-y-predicado1.pdf
https://www.aulafacil.com/cursos/lenguaje-primaria/lengua-quinto-primaria-10-anos/el-sujeto-y-el-predicado-l7964

Interxeccións
http://www.el-blogdelmaestro.com/2013/05/interjecciones-y-eufemismos.html
http://www.vicentellop.com/gramatica/interjeccion/interjeccion.htm
https://luisamariaarias.files.wordpress.com/2013/03/interjecciones-con-h.jpg
http://www.aplicaciones.info/lengua/morfo28.htm

Homónimas e polisémicas
https://youtu.be/TBaEtRgWlyE
https://youtu.be/7GpqxvTYHCE
https://youtu.be/osZzAlwORHw
https://youtu.be/NjakpSR0gCg

CCNN TEMA 2


Os ecosistemas

CCSS TEMA 2

Aquí vos achego vídeos para poder repasar as capas da terra, os volcáns e terremotos, a sedimentación e a erosión.





Terremotos y volcanes







domingo, 3 de noviembre de 2019

Samaín 2019

Neste samaín que conmemoramos o día 30 de outubro tivemos de todo elaboración de receitas monstruosas, degustación das mesmas,  exposición de cabazas, lucimento de disfraces e a despedida de Rafa pola súa xubilación. Boa sorte compañeiro!



Exposicións Ciencias Sociais

O día 29 de outubro fixemos as exposicións de Ciencias Sociais. Fixéstedes un gran traballo, a pesar diso, temos que mellorar algúns aspectos en relación ao traballo grupal. Para ser a vos primeira exposición non podo estar máis contenta.



Educación viaria

O venres día 19 de outubro fixemos unha actividade co Equipo de Educación Viaria da Policía Local de Vigo. Con  eles, de incógnito, vixiamos na mesma rúa Venezuela o comportamento de peóns e condutores. De entre 120 peóns contabilizados só puidemos felicitar a 2 polo seu correcto proceder. Parece que aínda temos moito que mellorar.


jueves, 10 de octubre de 2019

Proxectos Ciencias Sociais



O próximo 29 de outubro faremos as exposicións dos proxectos:

Universo: Sofía, John, Brais, Iman, Yousra e Ainhoa.
Sistema solar: Xoana, María, Luiz, Aldara L., Carlos e Saray.
Os movementos da Terra e a Lúa: Iria, Aldara G., Gabriel, Mauricio, Daniel e Antía.

A traballar!

martes, 8 de octubre de 2019

Uso do dicionario


Tanto en castelán coma en galego traballaremos durante este curso o dicionario. Recordades o que era unha entrada? Unha acepción? A clase de palabra, que aparecía con abreviaturas? Os sinónimos e antónimos? E tamén os exemplos?
Toda esta información aparece cando buscamos unha palabra no dicionario. Serías quén a contestar nos comentarios ás cuestións anteriores? E por favor, deixa o teu nome.


Lengua: Elementos de la comunicación

 Para que un proceso comunicativo se lleve a cabo, son necesarios:
1. Un emisor: quien transmite la información.Unos ejemplos son; Un bebé que llora, el árbitro que toca su silbato, Pedro que habla… son emisores de información.
2. Un receptor: quien recibe la información. Unos ejemplos son; La madre que atiende al bebé, los jugadores del partido, María que escucha… son receptores de información.
3. Un mensaje: es la información transmitida por el emisor y el receptor. Por ejemplo; el hambre o el dolor, fin del juego, chiste o cuento…. son posibles mensajes emitidos.
4. Un código: es el sistema de signo que utiliza para trasmitir el mensaje. Por ejemplo: el llanto, el pitido, el lenguaje….son posibles códigos.
5. Un canal:  es el medio a través del cual se trasmite el mensaje. Por ejemplo: el aire, papel…)
En este enlace hay ejercicios para practicar este aspecto tras las teoría:


Numeración romana

Rapaces e rapazas, aquí tedes distintos xogos para traballar a numeración romana. Tedes que buscar na páxina , cara o final, o apartado para quinto de primaria.


A xogar!

https://www.mundoprimaria.com/juegos-educativos/juegos-matematicas/numeros-romanos

jueves, 26 de septiembre de 2019

CCSS: O universo


Consultade estes enlaces sobre o tema:

CCNN: Os seres vivos




Neste primeiro tema empezamos a tratar os seres vivos polas partículas máis pequenas que os conforman, as células. Aquí tedes algún vídeo explicativo.
https://m.youtube.com/watch?v=Ps54eXe8YHY

As función vitais que realizan os seres vivos están explicadas nestoutro vídeo: https://m.youtube.com/watch?v=pc6UondCrJg

Aquí tedes outro sobre os distintos reinos:
https://m.youtube.com/watch?v=SSDHO7pGcyo

Tema 1: matemáticas



Algúns enlaces para traballar a numeración:
https://www.mundoprimaria.com/juegos-educativos/juegos-matematicas/millon-siete-5o-10

Para traballar o valor posicional:
https://es.ixl.com/math/5-primaria/valor-posicional-en-los-números-naturales

Comparar e ordenar números:
https://es.ixl.com/math/5-primaria/comparar-y-ordenar-números-naturales

Aproximar ou redondear:
https://es.ixl.com/math/5-primaria/redondear

Para repasar a táboas de multiplicar:
https://www.tablasdemultiplicar.com/

Tema 1 Lengua




Vamos a repasar a clasificación de palabras en agudas, llanas ou graves e esdrúxulas nos seguintes enlaces:

https://aprenderespanol.org/gramatica/agudas-graves-esdrujulas.html

Premede nos dous, hai distintos xogos para traballar o contido.


martes, 10 de septiembre de 2019

Empezamos...

Benvidos a todos e todas este novo curso 2019/2020, agárdannos moitas experiencias e aprendizaxes...
Estades listos e listas?


domingo, 30 de junio de 2019

Pechado por vacacións...

Hoxe remata o curso, pero tamén se pecha unha etapa, unha etapa moi especial, que gardarei para sempre. GRAZAS A TODOS AQUELES QUE A FIXERON POSÍBEL.




RECORDO FINAL DA EXCURSIÓN

Aquí vos deixo a montaxe final con todas as fotos enviadas por Mónica!


viernes, 28 de junio de 2019

Graduación

Aquí vos deixo o vídeo da graduación do día 20 de xuño de 2019. Moitos éxitos na vosa nova andaina, agardo vervos de novo por aquí!


viernes, 21 de junio de 2019

Despedida

Hoxe chegou o día da despedida, un día triste e... alegre por outra banda. Triste porque vos despido pero alegre por todas aquelas portas que se vos abren. Fixen este vídeo con todo o cariño, agardo que vos guste.

Vouvos estrañar moito, moitísimo... MOITA SORTE MEUS PEQUENOS!!!


viernes, 14 de junio de 2019

Humor amarelo

Como fin de curso dende o colexio as titoras de 4º, 5º e 6º pensamos que sería divertido pasar unha xornada en Humor amarelo.

Estivo divertido, verdade?




miércoles, 5 de junio de 2019

ROBÓTICA

Coa axuda do profe Martín en Robótica deseñamos uns robots para medir distancias e temperatura. Aquí vos mostramos os nosos logros en programación e o resultado co trasvase deses datos aos robots. Moi bo traballo! Mirade que feitiños!!!


Descubrindo o Norte 2019


Con esta última actividade rematamos o Proxecto Descubrindo o Norte que comezou o curso pasado cando íamos en 5º de EP. Dende charlas no cole, ata esta visita as instalación da Universidade de Vigo, pasando por unha pequena investigación sobre as pisadas dos nosos antergos e sen olvidar as “Carreiras de Orientación” nas que participamos coas nosas familias, foron dous cursos moi intensos.

Enlaces en la página de la Universidad sobre esta actividad.
 
 Aquí tedes o video da vosa visita, toda unha experiencia!!!!






Letras Galegas 2019

Este ano o Día das Letras Galegas adicouselle a Antón Fraguas e para cantar en galego convidamos ao centro a Paco Nogueiras que nos presentou o seu disco "Bule, bule". Cantamos, bailamos e o pasamos xenial!

PROXECTO: Estrelas


Con un pouco de retraso rematamos as exposicións do PROXECTO ESTRELAS. Os derradeiros grupos en expoñer foron os responsables dos eclipses solares e das galaxias. Bo traballo nenos e nenas!

Obradoiro de drogodependencias

Durante todo o mes de maio, os venres, tralo recreo tivemos obradoiros sobre prevención de condutas inadecuadas. Coñecimos un pouco máis sobre as drogas, os seus efectos no noso corpo e tamén traballamos a personalidade para tentar contar cos recursos necesarios para, chegado o momento, ser quen de dicir NON.


domingo, 19 de mayo de 2019

PACO NOGUEIRAS

O Día 16 de maio co gallo das Letras Galegas 2019 adicadas a Antón Fraguas tivemos coma visita de honra a Paco Nogueiras que fixo que todo o alumnado e profesorado movese o corpo. Bailamos e pasámolo moi ben!


martes, 7 de mayo de 2019

Camiña con nós pola igualdade

Elsa volveu unha vez máis ao noso centro para advertirnos de como empeza a violencia física, psicolóxica e sexual contra as mulleres desde cando empeza a relación entre dúas personas. Deunos pautas para observar dende o inicio aqueles signos de alerta dos que debemos estar moi atentos. Grazas Elsa por todo o teu traballo con nós todos estes anos.



Novas Tecnoloxías

O luns 6 de maio visitounos no colexio unha axente da Policía Nacional que nos informou e alertou dos perigos de internet. Explicounos moita información e advertiunos de moitas condutas das que debemos desconfiar na rede. Non é ouro todo o que reluce.


Día do Libro

Co gallo do día do libro cada clase fixo unhas recomendacións das novidades da biblioteca escolar cos seus propios booktubers. Aglutinadas todas as auras nun gran mural animáronos a LER unha morea de libros.


Xornada Viaria

Coma todos os trimestres realizamos a xornada viaria no colexio. Todo un éxito!





PRIMEIROS AUXILIOS


A nai dunha alumna do cole veu ao colexio a ensinarnos a realizar primeiros auxilios, foi unha experiencia moi moi produtiva e moi interesante. Grazas María!


Bosque vivo

Para promocionar a ecoloxía e como parte do ciclo de charlas de Bosque vivo tivemos unha segunda charla o día 9 de abril. Moi interesante!!



Ledicia Costas

O 4 de abril visitounos Ledicia Costas, foi unha visita xenial!! É todo un encanto!!!


viernes, 3 de mayo de 2019

Dentro do programa Coñece as tras institucións visitamos o Parlamento e a Xunta de Galicia. Todo un pracer para todos nós!!!


sábado, 23 de marzo de 2019

Emosons


O venres 22 de marzo asistimos no auditorio do Concello a un concerto didáctico a cargo da Escola Municipal de Música. Alí tamén tivemos a ocasión de saludar ao Alcalde e gozar coa música. Unha gran experiencia.







viernes, 22 de marzo de 2019

Voluntariado

O luns 18 de marzo tivemos unha charla sobre Voluntariado na que nos informaron de varios aspectos sobre o tema.






jueves, 21 de marzo de 2019

Repaso examen lengua


Aquí tendes exercizos para repasar os contidos dos temas de lengua. Buscade no arquivo os que se corresponden cos temas 7 e 8 que son os correspondentes a esta proba.








viernes, 15 de marzo de 2019

Coñéce as túas institucións

O día 12 de abril visitaremos o Parlamento Galego e a Xunta de Galicia, dentro do programa "COÑECE AS TÚAS INSTITUCIÓNS". Antes da visita temos que coñecer un pouco cada unha deles.

Preme na imaxe para acceder á paxina cos enlaces para traballar.


http://www.parlamento.gal/AsTuasInstitucions/

http://www.parlamento.gal/AsTuasInstitucions/

Oficios antigos: cestería

Un pai do colexio, Rubén, nos ensinou un dos oficios máis antigos que existen; o de cesteiro. Existía xa na prehistoria. Puidemos ver a elaboración dunha cesta dende a base ata o seu remate.

Grazas Ruben! Aprendemos moito!






jueves, 7 de marzo de 2019

Compostaxe

Hoxe tivemos unha charla sobre como facer compostaxe para poder usar como fertilizante na terra, o vindeiro curso poñeremos todas estas ideas en práctica!


viernes, 1 de marzo de 2019

Entroido

Un ano máis chegou o entroido!!! Este ano, o voso derradeiro no colexio, dende o Polo Norte, Papá Noel e os seus axudantes. Feliz ponte a todos e todas!


jueves, 21 de febrero de 2019

Baiile entroido

Xa podedes ensaiar o baile para o entroido. A BAILAR!!!!


Parque Infantil de Tráfico

Onte fomos ao PIT a facer unha actividade viaria, alí practicamos as tarefas de conductores de vehículos, peatóns e policías. Pasamos unha mañá mío entretida.


miércoles, 6 de febrero de 2019

Susana Rodríguez Gacio

Hoxe, día 6 de febreiro, tivemos a sorte de contar coa presenza de Susana Rodríguez Gacio, campiona do mundo de paratriathlon e diploma olímpico nos xogos de Río de Janeiro do ano 2016, invitada polo profe Martín como parte do Proxecto Descubrindo o Norte 2019.


Todo un exemplo de superación, que con só un 10 % de visión acadou todas as metas que na súa vida se propuxo, con esforzo e traballo diario. Ademáis dos seus logros deportivos hai que salientar que é licenciada en Medicina e traballa actualmente polas mañás como médica interna residente no Hospital Universitario de Santiago de Compostela na especialidade de rehabilitación física.

Previo a súa visita investigamos sobre a súa vida e elaboramos unha pequena entrevista para poder realizar durante a súa estancia no cole.

Dámoslle as grazas por permitirnos facerlle algunhas das nosas cuestións. GRAZAS!




martes, 5 de febrero de 2019

Relevo de Europa e España

Nos seguintes enlace vos achego xogos para poder repasar o tema de xeografía que estamos a traballar no primeiro tema do libro. Practicade a ver como se vos dá.


https://mapasinteractivos.didactalia.net/gl/comunidade/mapasflashinteractivos/recurso/peninsulas-de-europa-toporopa/b51b91e6-39f6-405a-a256-b9330a8ca0b4

https://mapasinteractivos.didactalia.net/comunidad/mapasflashinteractivos/recurso/mares-de-europa-toporopa/a571de31-cd3c-423e-b838-1b2ef3b484d9

https://www.cerebriti.com/juegos-de-geografia/relieve-de-europa#.XFoP3Mcs6i4

https://www.cerebriti.com/juegos-de-geografia/mapa-fisico-de-espana-1-eso#.XFoQwccs6i4

https://es.educaplay.com/recursos-educativos/3274603-mapa_fisico_de_espana_facil.html


O CORPO: Sistemas e aparatos

Para o estudo do tema 3 de Ciencias Naturais cada equipo se ocupou de elaborar un traballo práctico sobre os distintos aparatos e sistemas do noso corpo. O resultado foi todo un éxito.


Día da Paz


O 30 de xaneiro coma todos os anos, conmemoramos o día da Paz. Este ano ademáis de cantar a canción de El Canto del Loco con Hombres G “Por qué no ser amigos”, traballamos a figura da primera sufraxista muller e inauguramos a Cova da Calma. Esta cova será o refuxio de todo aquel ou aquela que necesite sair fóra da aula por unha situación de conflito.

Aquí tedes as fotos.



Repaso contidos matemáticas

 Preme na foto para acceder aos xogos para practicar matemáticas