jueves, 28 de enero de 2021

Charla Nós mesmas

 O pasado día 26 de xaneiro Rober veu á nosa aula a darnos unha charla sobre diversidade, neste caso diversidade afectiva e sexual impartido pola asociación Nós Mesmas. Unha mostra máis de RESPECTO a todas as manifestacións, en todos os planos da vida. Grazas Rober por introducirnos este tema!



domingo, 17 de enero de 2021


 

A Xunta de Galicia convoca un concurso para o deseño do cartel do día 8 de marzo co gallo da celebración do Día Internacional da Muller. Poderá participar no concurso calquera centro educativo de ensino non universitario que imparta ensinanzas de infantil, primaria, secundaria e formación profesional da Comunidade Autónoma de Galicia en tres categorías:

  • 1ª Categoría.- Alumnado de infantil, 1º, 2º, 3º e 4º de educación primaria.

  • 2ª Categoría.- Alumnado 5º e 6º de educación primaria e 1º, 2º de educación secundaria obrigatoria (ESO).

  • 3ª Categoría.- Alumnado de 3º e 4º de educación secundaria obrigatoria (ESO) e 1º e 2º de bacharelato, de FP básica, de ciclos de grao medio e de ciclos de grao superior.

     

Prazo de presentación: ata o 23 de febreiro de 2021

 

Co fin de axilizar a recepción dos traballos, os centros deberán adiantar a proposta do traballo, á Secretaría Xeral da Igualdade mediante o envío (cartel en formato PDF ou JPG e a información identificativa do anexo I, que son os datos do alumnado e do Centro educativo, ao seguinte enderezo electrónico: concurso8m.igualdade@xunta.gal

Esta forma de envío non exime aos centros de entregar os traballos de acordo coas bases do concurso.

As bases do concurso pódense consulta no seguinte enlace:

 

http://igualdade.xunta.gal/gl/actualidade/xunta-abre-o-prazo-para-que-os-centros-escolares-galegos-participen-no-concurso-para-o

 

Para obter máis información pódense realizar consultas nos seguintes teléfonos: Servizo de Promoción e Cooperación Institucional (Secretaría Xeral de Igualdade):

981 545 360- 981545353

 

Xaneiro: do 18 ao 22.

Repaso contidos matemáticas

 Preme na foto para acceder aos xogos para practicar matemáticas