viernes, 29 de octubre de 2021

TRABALLOS CIENCIAS


Fixéstedes un traballo xenial coas exposicións e o traballo en grupo foi notable. Moi orgullosa do voso labor! Premede no cartel para acceder ao vídeo. 


 Neste enlace están todos os traballos recompilados en formato pdf: https://drive.google.com/file/d/1mmZtHiFL8xR1ooaeIB2m_XUzG_fYDMZK/view?usp=sharing


viernes, 22 de octubre de 2021

PLAN DIRECTOR

 En colaboración coa Policía Nacional traballamos o tema do acoso tanto presencial como nas redes. Accedemos a moita e moi valiosa información sobre esta práctica tan indesexábel.



viernes, 15 de octubre de 2021

lunes, 20 de septiembre de 2021

A MALETA

Aquí está o vídeo das maletas que fixemos vai uns días para conocernos mellor e seguir a facer EQUIPO. Premede na maleta para acceder a el.


 

domingo, 30 de mayo de 2021

Xuño

Excursión 28 maio


 O pasado xoves 27  de maio visitamos con Martín a Serra do Galiñeiro nunha xornada na que se combinou a actividade física e as Ciencias Sociais e Naturais. 

Despois de realizar un percorrido de Orientación e unha pequena merenda, comezamos a camiñata na que visitamos restos arqueolóxicos: os muiños naviculares de soporte fixo da Pena das Pías, as mámoas de Chan do Bromus e os petróglifos da Auga da Laxe

Premede no enlace para ver o vídeo que elaborou Martín!

 https://prorobefpsico.blogspot.com/2021/05/orientacion-e-prehistoria-na-serra-do.html

viernes, 9 de abril de 2021

Educación Viaria coa Policía Local de Vigo

 Hoxe Pablo, unha vez máis colabora co noso centro. A Policía Local de Vigo nos conmina a que utilicemos a bicicleta nos nosos desplazamentos. Unha boa e sana idea!



jueves, 28 de enero de 2021

Charla Nós mesmas

 O pasado día 26 de xaneiro Rober veu á nosa aula a darnos unha charla sobre diversidade, neste caso diversidade afectiva e sexual impartido pola asociación Nós Mesmas. Unha mostra máis de RESPECTO a todas as manifestacións, en todos os planos da vida. Grazas Rober por introducirnos este tema!



domingo, 17 de enero de 2021


 

A Xunta de Galicia convoca un concurso para o deseño do cartel do día 8 de marzo co gallo da celebración do Día Internacional da Muller. Poderá participar no concurso calquera centro educativo de ensino non universitario que imparta ensinanzas de infantil, primaria, secundaria e formación profesional da Comunidade Autónoma de Galicia en tres categorías:

  • 1ª Categoría.- Alumnado de infantil, 1º, 2º, 3º e 4º de educación primaria.

  • 2ª Categoría.- Alumnado 5º e 6º de educación primaria e 1º, 2º de educación secundaria obrigatoria (ESO).

  • 3ª Categoría.- Alumnado de 3º e 4º de educación secundaria obrigatoria (ESO) e 1º e 2º de bacharelato, de FP básica, de ciclos de grao medio e de ciclos de grao superior.

     

Prazo de presentación: ata o 23 de febreiro de 2021

 

Co fin de axilizar a recepción dos traballos, os centros deberán adiantar a proposta do traballo, á Secretaría Xeral da Igualdade mediante o envío (cartel en formato PDF ou JPG e a información identificativa do anexo I, que son os datos do alumnado e do Centro educativo, ao seguinte enderezo electrónico: concurso8m.igualdade@xunta.gal

Esta forma de envío non exime aos centros de entregar os traballos de acordo coas bases do concurso.

As bases do concurso pódense consulta no seguinte enlace:

 

http://igualdade.xunta.gal/gl/actualidade/xunta-abre-o-prazo-para-que-os-centros-escolares-galegos-participen-no-concurso-para-o

 

Para obter máis información pódense realizar consultas nos seguintes teléfonos: Servizo de Promoción e Cooperación Institucional (Secretaría Xeral de Igualdade):

981 545 360- 981545353

 

Xaneiro: do 18 ao 22.

Repaso contidos matemáticas

 Preme na foto para acceder aos xogos para practicar matemáticas