miércoles, 6 de febrero de 2019

Susana Rodríguez Gacio

Hoxe, día 6 de febreiro, tivemos a sorte de contar coa presenza de Susana Rodríguez Gacio, campiona do mundo de paratriathlon e diploma olímpico nos xogos de Río de Janeiro do ano 2016, invitada polo profe Martín como parte do Proxecto Descubrindo o Norte 2019.


Todo un exemplo de superación, que con só un 10 % de visión acadou todas as metas que na súa vida se propuxo, con esforzo e traballo diario. Ademáis dos seus logros deportivos hai que salientar que é licenciada en Medicina e traballa actualmente polas mañás como médica interna residente no Hospital Universitario de Santiago de Compostela na especialidade de rehabilitación física.

Previo a súa visita investigamos sobre a súa vida e elaboramos unha pequena entrevista para poder realizar durante a súa estancia no cole.

Dámoslle as grazas por permitirnos facerlle algunhas das nosas cuestións. GRAZAS!




No hay comentarios:

Publicar un comentario

Repaso contidos matemáticas

 Preme na foto para acceder aos xogos para practicar matemáticas