martes, 15 de mayo de 2018

DESCUBRINDO O NORTE


O pasado venres 11 de maio pola tarde, tivemos a primeira parte do Proxecto Descubrindo o Norte. O alumnado de 5º de Primaria e as súas familias, acompañados dos mestres do cole, desplazáronse a Monteferro xunto cos compañeiros e compañeiras do C.E.P. de Sabarís (este curso non podemos ir ao Galiñeiro por mor dos incendios de outubro).

Despois de facer un percorrido escore na contorna do monumento da Mariña baixamos á zona dos cantís para facer o percorrido en liña. Ao rematar este, expuxemos o noso traballo sobre Monteferro e os compañeiros e compañeiras de Sabarís explicáronnos os petroglifos, muíños naviculares e o parque das Illas Atlánticas que formaba parte da paisaxe na que nos atopábamos.

No seguinte cartafol podedes revisar a información sobre a actividade que elaborastedes xunto co profe Martín.

 Grazas ao profe Martín polo seu traballo e a todos vós e as vosas familias pola vosa participación! Foi unha tarde xenial!


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Repaso contidos matemáticas

 Preme na foto para acceder aos xogos para practicar matemáticas