sábado, 7 de abril de 2018

Trailer dun libro


BRUJARELLA

Resultado de imaxes para BRUJARELLA

Unha misteriosa desaparición sacode o bosque de Terragrís. (Escena 1: Necesitamos un video dun bosque, un lugar arbolado facéndose de noite. Máxima duración 1 minuto)

Todas as ranas desapareceron misteriosamente sen deixar rastro. (Escena 2: Nunha habitación a escuras facendo con sombra como unha man colle unha rá) (Escena 3: Tamén unha man colle dun tendedeiro o calcetín de Brujarella) 

A Irmandade das Bruxas do Bosque reúnese para buscar unha solución. Sen rás non hai pócimas. (Escena 4: Tedes que disfrazarvos de bruxas, nunha habitación ou nun sitio con céspede a escuras poñer unha luz diante de vós no chan para que haga sombra e facer como que falades con outras bruxas con cara de preocupación. Logo abaixo vos poño a descripción das sete bruxas da Irmandade).

A nosa protagonista, a bruxa Brujarella, o lobo Hugo e Gustavo o pingüino iniciarán unha procura para resolver o enigma. (Escena 5: Necesitamos un primer plano de Brujarella coa súa escoba diciendo que vai atora ao culpable. Escena 6: Necesitamos un lobo, alguén ten unha careta??. Escena 7: Tamén un pingüín, alguén ten un peluche de pingüín, se é así hai que facerlle un primer plano.) Os vídeos estas tres escenas eran como máximo 10 segundos cada un).

Nos seus camiños crúzase un escuro personaxe, o marqués de Grenouille. Que relación terá coas desaparicións e tamén con Brujarella? (Escena 8: Alguén debería disfrazarse desde señor, ten bigote, o pelo peinado con gomina e ten que vestir de verde, é un marqués polo que ten que andar moi estirado e se pode ser cun bastón)


A solución a este enigma… na biblioteca do cole. (Derradeira escena: a grabamos na biblio esta semana)

Se se vos ocorre algunha outra cousa para engadir ao ler o texto que está en negriña non dubidedes en enviala, xa a meteremos no trailer. Animádevos a participar, esta semana temos que deixalo listo.

DESCRIPCIÓN PERXONAXES:

Brujarella: viste sombreiro negro e puntiagudo de bruxa e vestido negro, leva unha escoba de bruxa. Ten unha verruga negra da que sae un so pelo na punta do nariz, un so dente case negro.

Miravella: é a bruxa suprema da Irmandade das Bruxas do bosque, moi alta e delgada, con naris de águia, coa espalda encorvada e unhas pequenas gafas no naris.

Manzanella: a más rica e presumida.

Xemelgas Viruella e Varicella: Viruella con cicatrices na cara e Varicella con graniños

Viejarella: Moi vella, chea de engurras. Vai en cadeira de rodas.

Carabella: Era tan fea que cubría a cara co sombreiro para non asustar.

NOTA: TODAS AS BRUXAS VISTEN DE NEGRO E LEVAN SOMBREIRO DE BRUXA.

Marqués de Grenouilles: Alto, delgado, moi pálido, pelo negro pleiteado con gomina, tiña un bigote engominado e rizado cara arriba con guantes e gorra. Todo vestido de verde con roupas elegantes.

MANDADEME OS VIDEOS QUE POIDADES FACER AO CORREO ELECTRÓNICO POR FAVOR. GRAZAS AOS QUE PARTICIPEN!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Repaso contidos matemáticas

 Preme na foto para acceder aos xogos para practicar matemáticas