jueves, 20 de diciembre de 2018

Proxecto Pilabot

O xoves 20 de decembro tivemos unha charla sobre o Proxecto: PILABOT, RECICLA CON ENERXÍA! no que estamos a participar neste curso.

Pilabot é un robot que foi creado para cumprir unha misión: protexer o medio ambiente minimizando a contaminación xerada polos residuos de pilas. Fabricárono co obxectivo de realizar unha recollida selectiva de pilas, pero o seu traballo está a complicarse. A xente cada vez usa máis aparellos electrónicos e con eles, máis pilas, baterías, cargadores... Pilabot ten que cumprir coa súa misión, polo que solicita axuda ás novas xeracións a través dun concurso para centros educativos: o que máis pilas recolla, terá premio.

Colocarase no centro un contedor para depositar as pilas de forma colectiva. O alumnado levarán unhas caixas para que garden as pilas que xa non usan nos seus fogares. Despois, levarán as pilas ata o centro e as depositarán no contedor.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Repaso contidos matemáticas

 Preme na foto para acceder aos xogos para practicar matemáticas