domingo, 18 de noviembre de 2018

Biblioteca Pública Juan Compañel

O venres 16 de novembro visitamos a Biblioteca Pública Juan Compañel, antes coñecida coma Biblioteca Central. Situada no centro de Vigo, utiliza o espazo dun antigo  casino. Seis andares ten este fermoso lugar no que se manexan máis de 30.000 exemplares. 
O seu nome, Juan Compañel, llo debe a un editor moi coñecido en Vigo cuxa imprenta estaba situada na Rúa Real e que ten a honra de publicar a primeira edición de Cantares Gallegos de Rosalía De Castro.
Alí un dos seus bibliotecarios, estupendo por certo, nos ensinou o uso deste espazo. Puidemos gozar de marabillosos libros e álbumes ilustrados e rematamos a visita cunha búsqueda do tesouro cunha  chea de pistas agochadas entre os libros, películas, CDs musicais e demáis materiais que alí atopamos.
Saímos con ganas de voltar pronto para facernos socios e poder gozar moito máis deste fermoso espazo!!!!!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Repaso contidos matemáticas

 Preme na foto para acceder aos xogos para practicar matemáticas