viernes, 17 de noviembre de 2017

TEMA 2 con reto

No estudio do tema 2 de Ciencias Sociais estudiamos:

1. As distintas representación da Terra, no globo terráqueo e nos mapas.
2. Coñeceremos o que é unha escala.
3. Estudiaremos o que son os paralelos e os meridianos máis importantes.
4. Que é a lonxitude e a latitude.
5. Identificaremos os distintos tipos de mapas: físicos e políticos.

Serías quén de localizar no mapa: (Se premes na imaxe farase más grande)

En Asia: O lago máis grande do mundo (o Mar Caspio), a cordillera máis alta (Himalaya) e nela o pico máis alto da Terra (Everest), a meseta máis elevada do mundo (a do Tibet) e os ríos Azul, Amarelo e o Obi.

En América: As Montañas Rochosas, a Serra Madre e os Andes, no que está o pico máis alto de América, o Aconcagua. E as chairas, a Gran Chaira e a Amazónica e o río Amazonas que é o máis caudaloso do mundo e agora parece que tamén o máis longo.

En Oceanía: o gran deserto Victoria e a Cordilleira Divisoria en Australia, o monte Cook en Nova Zelandia.

En África: O deserto do Sáhara, o Kilimanjaro, os ríos Nilo, Congo e Níger e os lagos Victoria e Tanganica.

En Europa: o Caucaso onde está o monte Elbrús, os Alpes, os Montes Urais e Pirineos como cordilleiras. As chairas do norte. Os ríos Danubio, Rin e Volga. E algunha península.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Repaso contidos matemáticas

 Preme na foto para acceder aos xogos para practicar matemáticas